Angrois, Sar, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 67:
 
==Arquitectura e urbanismo==
Angrois mantén moitas [[Casa galega|casas de arquitectura tradicional galega]], algunhas delas construídas nos séculos XVII e XVIII. Son casas acondicionadas ó clima e ás necesidades da agricultura e gandería. EstánAs vivendas están construídas con sólidassólidos paredesmuros de pedra e barro de case un metro de ancho, reservándose a pedra tallada en granito para portas e ventás. A estrutura típica é de dous andares.
[[Ficheiro:Cabazo (Hórreo de madera). Angrois.jpg|miniatura|Cabazo restaurado.]]
Na parte de atrás da casavivenda está a horta, onde non falta o [[hórreo]], todo de madeira ''(cabazo)'' ou mixto (granito máis madeira de castiñeiro), esencial para secar e conservar o millo. A horta da casa foi, e aínda é, unha fonte de recursos para a economía doméstica e tamén un espazo recreativo.<ref name="dacal"> RODRÍGUEZ DACAL, Carlos, IZO, Jesús. El jardín de los pazos gallegos : espacio de recreo y fuente de recursos.- Santiago de Compostela, 1994.</ref>
As antigas casas da aldea están pegadas unhas a outras, formando así un núcleo compacto no cal entrelázanse rúas e corredoiras. As rúas antigas de Angrois son estreitas, a medida dun carro de bois. Estaban totalmente emparradas, apoiando as [[viña]]s en estruturas de madeira e arame entre as casas enfrontadas. Aínda se conservan moitas destas vides altas, pero outras foron desaparecendo xa que poucos fan viño e augardente, ou por impedir o paso de tractores e vehículos.
 
Das moitas que había, consérvanse varias [[Fonte (arquitectura)|fontes]] e [[Fonte|nacentes]], entre elas a ''Fonte do Cancelo'', de granito e tubo de ferro forxado, que nunca seca, e a ''Fonte da Cagalla'', a cuxas augas atribúen propiedades de cura para os ollos.
 
A ermida de Santa Lucía, patroa da vista e dos cegos, está moi preto da aldea.
 
Angrois tamén conta á beira do seu río cun [[muíño]], construído entre varias familias que facían quendas no seu uso.
 
[[Xerardo Estévez]], alcalde de Santiago entre 1983 e 1998, promoveu o desenvolvemento da vila, dándolle auga, sumidoiros, iluminación pública, sinalización, cimentación e afastamento das rúas. O proxecto foi concibido polo arquitecto José Luís Pérez Franco e implicou un investimento de máis de 37 millóns de [[peseta]]s. Na apertura de tales melloras, Xerardo Estévez cualificou Angrois como ''a cidade xardín de Compostela''.<ref name="estevez">El Correo Gallego, 16 de xullo de 1989 ; La Voz de Galicia, 16 de xullo de 1989.</ref> Desde entón, houbo poucos investimentos e intervencións de desenvolvemento urbano. A deterioración progresiva das infraestruturas levou a consecuencias desastrosas (en agosto de 2001 unha nena foi arrollada polo tren, houbo intentos de autólise e perda de gando na vella liña ferroviaria)<ref name="vanessa">La Voz de Galicia ; El Correo Gallego, 1 de setembro de 2001. CASTAÑO, Isidoro. ''In memoriam Vanessa''. En El Correo Gallego, 5 de setembro de 2001.</ref> As numerosas reclamacións da veciñanza ó Concello e a súa aparición nos medios de comunicación demandando arranxos estruturais non foron tidos en conta. Os concelleiros do [[Partido Popular de Galicia]], entón na oposición, chegaron a presentar en decembro de 2010 unha moción ó goberno<ref name="mocion">Concello de Santiago, [http://www.youtube.com/watch?v=33shgjz5NOc Moción sobre Angrois (vídeo)].</ref> liderado polo alcalde Sánchez Bugallo, pedindo para Angrois melloras ''que non son caprichos nin luxos''. <ref name="luxos">El Correo Gallego; La Voz de Galicia, 30 de decembro de 2010.</ref>Por outra banda, o Plan Xeral de Ordenación Urbana,<ref name="pxom">[http://www.santiagodecompostela.org/medi/Urbanismo/normativaPXOMvixente.pdf Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM)]</ref> aprobado en 2008 polo Concello de Santiago limitou o crecemento de Angrois, polo que son moi poucas as casas novas construídas na aldea.