Afonso XI de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
Liña 3:
'''Afonso XI de Borgoña, ''o Xusticeiro''''', nado en [[Salamanca]] o [[13 de agosto]] de [[1311]] e finado en [[Xibraltar - Gibraltar|Xibraltar]] o [[26 de marzo]] de [[1350]], foi rei de [[Reino de Castela|Castela]], [[Reino de Galiza|Galicia]], [[Reino de León|León]] e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de [[Afonso X o Sabio]].
 
Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Jaén, o Algarve, AlgecirasAlxeciras, e Señor de Molina.
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Fernando IV de León e Castela|Fernando IV o Emprazado]] e de [[Constanza de Portugal e Aragón|Constanza de Portugal]], e neto de dona [[María de Molina]], que exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Subiu ó trono de Castela cun ano de idade. A maioría de idade alcanzouna con 15 anos, en 1326.
 
[[Ficheiro:Alfonsoxialgeciras.jpg|200px|esquerda|miniatura|Estatua de Afonso XI en [[AlgecirasAlxeciras]].]]
Ó morrer o seu pai en 1312, apareceron multitude de disputas entre varios aspirantes ó trono, resoltas en 1313 co [[acordo de Palazuelos]]. A súa avoa dona María de Molina, dona Constanza e os infantes don Juan e don Pedro, formaron rexencia. Ó morrer dona Constanza e tras unha campaña militar fronte o [[reino de Granada]] en 1319, onde pereceron os infantes, dona María quedou como única rexente. Ó morrer en 1321 os infantes don Filipe, don Juan Manuel e don Juan ''el Tuerto'', dividíronse o reino mentres era saqueado polos mouros e nobres levantinos. Afonso, unha vez maior de idade, asumiu o trono, conseguindo durante o seu reinado o fortalecemento do poder real, a resolución dos problemas do [[estreito de Xibraltar]] e a conquista de [[AlgecirasAlxeciras]].
 
Durante o seu reinado conseguiu levar os límites cristiáns ata o estreito de Xibraltar trala importante vitoria na [[batalla do Salado]] en 1340 e a conquista do [[Reino de AlgecirasAlxeciras]] en 1344. Unha vez resolto dito conflito, puxo tódolos seus esforzos na [[reconquista]], loitando contra o rei mouro de Granada.
 
Don [[Alfonso de la Cerda]], en 1331, rendeu unha homenaxe ó rei Afonso para deixar resoltas as súas pretensións ó trono castelán e leonés. En 1332 soubo apagar, coa axuda dos seus súbditos, a revolta que contra el fixeron don Juan Manuel e [[Afonso VI de Portugal]]. Ditos acontecementos fixéronlle descoidar a reconquista, perdendo Xibraltar.
 
Tanto Afonso como [[Abul-Hasan]] mandaron un importante continxente navieiro ó estreito, xa que sabían perfectamente a importancia de dita xeografía nas súas pretensións de conquista. Afonso obtivo a axuda da [[Coroa de Aragón]], e o [[musulmán]] do [[Reino de Xénova]]. Trala derrota da escuadra castelá, ó mando de [[Alonso Jofre Tenorio]] en 1340 obtiveron unha serie de conquistas: primeiro na Batalla do Salado o mesmo ano, a conquista de [[Alcalá la Real]] en 1341, a batalla do río Palmones, e finalmente a toma de AlgecirasAlxeciras en 1344.
 
Ó rematar a [[Guerra dos cen anos]] Afonso aliouse con [[Francia]] e conseguiu firmar unha tregua cos musulmáns de Granada. Unha vez terminada dita tregua, puxo sitio a Xibaltrar.
Liña 50:
{{s-aft|rows=2|after=[[Pedro I de Castela|Pedro I]]}}
{{S-bef|before=[[Abd-al-Malik]]}}
{{S-ttl|title=[[reino de AlgecirasAlxeciras|Rei de AlgecirasAlxeciras]]|years=1344-1350}}
{{end box}}