Deus Pai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 8:
Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na [[Biblia]] fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no [[Antigo Testamento|Antigo]] como no [[Novo Testamento]].
 
A miúdo defínese a Deus como un ser puramente [[espírito|espiritual]] e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o [[Catecismo da Igrexa Católica]] no seu punto 239 declara que ''"Convén lembrar, entón, que Deus transcende a distinción humana dos sexos. Non é home nin muller, é Deus"'' <ref>''Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus.'' ([http://www.vatican.va/archive/cathechism_po/index_new/p1s2c1_198-421_po.html Catecismo da Igrexa Católica])</ref>.
 
Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus ''"Nai"'', ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz ([[Libro de Isaías|Is 42,14]]), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4), etc.