Tratado dos Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q221670
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
=== Consecuencias para Cataluña ===
No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos ''Usatges de Barcelona'' e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en [[Perpiñán]], pero esta parte non foi respectada por Luís XIV. Un ano despois ([[1660]] os ''Usatges'' foron derrogados, o que conlevou a abolición das institucións propias en Cataluña setentrional, así coma a prohibición do emprego do [[Lingua catalá|catalán]] no ámbito público e oficial.
 
O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única empregada no ensino público.