Eleccións xerais de España de 1910: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro o marcador de uso
Liña 1:
{{enuso}}
As '''eleccións xerais de España de [[1910]]''' foron convocadas o [[8 de maio]], trala crise do goberno conservador de [[Antonio Maura]] por mor da [[Semana Tráxica de Barcelona]] en [[1909]], baixo [[sufraxio universal]] masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o [[Partido Liberal, España|Partido Liberal]], dirixido por [[José Canalejas]]. O Partido Conservador quedou moi debilitado, e en [[Navarra]] presentouse en coalición con [[Carlismo|carlistas]] e integristas. Tamén se presentou unha [[Conxunción Republicano-Socialista]], dirixida polo escritor canario [[Benito Pérez Galdós]], que reuniu na coalición diversos grupos republicanos, o [[Partido Socialista Obreiro Español]], o [[Partido Republicano Radical]] e o [[Partido Republicano Democrático Federal]]. A [[Unión Federal Nacionalista Republicana]], un vez rota a [[Solidariedade Catalá]] presentouse en solitario e por primeira vez rompeu a hegemonía da [[Lliga Rexionalista]] en [[Cataluña]].