Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50:
'''Iraq''' (en [[lingua árabe|árabe]] العراق), e oficialmente '''República de Iraq''' (en árabe:{{Audio|Jumhoriatiraq.ogg| [جمهورية العراق]}}, é un país de [[Asia Occidental]] que abrangue a [[chaira aluvial]] de [[Mesopotamia]], o límite noroccidental dos [[Montes Zagros]], e a parte leste do [[deserto sirio]].<ref>{{cita web |url=http://georgewbush-whitehouse.archives.gov/news/releases/2007/11/20071126-11.html |título=Declaration of Principles for a Long-Term Relationship of Cooperation and Friendship Between the Republic of Iraq and the United States of America |data=26 de novembro de 2007}}</ref>
 
Iraq limita con [[Turquía]] polo norte, con [[Irán]] polo leste, [[Kuwait]] polo sueste, [[Arabia Saudí]] polo sur, [[Xordania]] polo suroeste e [[Siria]] polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do [[Golfo Pérsico]]. A súa capital, [[Bagdad]] está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o [[Río Tigris|Tigris]] e o [[Río Éufrates|Éufrates]], discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.
 
Iraq era coñecido antigamente polo topónimo [[Lingua grega|grego]] [[Mesopotamia]] ''(Terra entre dous ríos)'' e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o [[berce da civilización]] e o lugar onde apareceu a [[escrita]]. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas [[Imperio acadio|acadio]], [[Tercera dinastía de Ur|sumerio]], [[Imperio neoasirio|asirio]], e [[Imperio neobabilónico|babilónico]]. Formou parte dos imperios [[Medos|medo]], [[Imperio Persa|aqueménida]], [[Imperio Seléucida|helenístico]], [[Partos|parto]], [[Imperio Sasánida|sasánida]], [[Imperio Romano|romano]], [[Califato Rashidun|rashidun]], [[Califato Umayyad|umayyad]], [[abbásida]], [[Imperio mongol|mongol]], [[Imperio safávida|safávida]], [[Dinastía afsárida|afsárida]] e [[Imperio Otomán|otomán]]. Po outra banda, estivo baixo dominio [[Reino Unido|británico]] como [[Mandato da Sociedade de Nacións]].<ref>{{cita web|url=http://www.livescience.com/history/top10_iraq_battles.html |título=Top 10 Battles for the Control of Iraq |editor=Livescience.com |dataacceso=23 de marzo de 2009}}</ref> Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o [[xiísmo]]: [[Najaf]] e [[Karbala]].<ref>On Point: The United States Army In Operation Iraqi Freedom - Page 265, Gregory Fontenot - 2004</ref>