Sociedade Civil e Democracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 22:
No seu relatorio de acción política,<ref>[http://www.pscd.es/ponencia-accion-politica Ponencia Acción Política]</ref> SCD manifesta o seu obxectivo de iniciar un [[Asemblea constituínte|proceso constituínte]] para elaborar unha nova [[Constitución]] que reforce as [[Dereitos civís|liberdades]] e [[Soberanía popular|soberanía cidadá]]. Para este proceso sería necesario a súa aprobación por 2/3 do [[Congreso dos Deputados]] e por alomenos o 50% do censo en [[referendum]]. Tamén propón que a [[Subdivisións de España|organización territorial de España]] se someta a referendum igualmente, establecéndose claramente as [[Competencia administrativa|competencias]] estatais e [[Comunidades Autónomas|autonómicas]].
 
Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a [[iniciativa lexislativa popular]], e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova [[lei electoral]] e a supresión do financiamento por parte do Estado de [[partido político|partidos políticos]], [[sindicato]]s, [[Patronal|organizacións empresariais]] e [[Fundación (institución)|fundación]]s dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do [[Tribunal de Contas (España)|Tribunal de Contas]]. Igualmente se eliminarían as subvencións a [[medios de comunicación]] e [[Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos|televisións autonómicas]], de cara a garantir a súa independencia.
 
SCD propón ademais a eliminación do [[Tribunal Constitucional de España|Tribunal Constitucional]] e o traspaso das súas competencias a unha Sala de Garantías e a outra de Conflitos do [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]], para evitar a súa politización. O [[Senado de España|Senado]] tamén sería suprimido, pasando a un sistema unicameral, así como os [[Entidade pública empresarial|entes públicos]] inútiles ou excesivos. As persoas propostas para dirixir órganos e institucións estatais deberán comparecer ante o Congreso para demostrar a súa idoneidade, profesionalidade e independencia.