La fanciulla del West: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 25:
'''''La fanciulla del West''''' (en [[lingua galega|galego]] ''A moza do Oeste'') é unha [[ópera]] en tres actos con música de [[Giacomo Puccini]] e libreto en [[lingua italiana|italiano]] de [[Guelfo Civinini]] e [[Carlo Zangarini]] sobre a obra do [[dramaturgo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[David Belasco]] ''The Girl of the Golden West''. A súa estrea tivo lugar o [[10 de decembro]] de [[1910]] na [[Metropolitan Opera]] de [[Nova York]]. Mentres que Puccini a considerou unha das súas grandes obras, ''La fanciulla del West'' converteuse nunha ópera menos popular no repertorio do compositor, debuxando unha recepción mixta no público en xeral.<ref name=Fisher /><ref>{{Cite book|url=http://books.google.co.uk/books?id=dCOgNLHHpmAC&pg=PA168|page=168|title=Giacomo Puccini: A Guide to Research|first=Linda|last=Fairtile|publisher=Routledge|year=1998|isbn=978-0-8153-2033-3|series=Volume 1906 of Garland Reference Library of the Humanities, Volume 48 of Garland composer resource manuals}}</ref>
 
A pesar de que a trama foi fonte de moitas críticas, a meirande parte dos académicos e músicos concordan en denominala un [[magnum opus]], particularmente eloxiando a súa artesanía.<ref name=Fisher /> AO [[director de orquestra|director]] [[Arturo Toscanini]] referiuse á opera como un "gran [[poema sinfónico]]".<ref name=Fisher />
 
== Historia ==
''La fanciulla del West'' foi a seguinte ópera que compuxo Puccini tras ''[[Madama Butterfly]]'' ([[1904]]), que tamén estaba baseada nunha obra de Belasco. Puccini quería crear óperas que fosen próximas á historia recente ou actual. Mentres que ''Madama Butterfly'' narra a historia dunha [[geisha]] e un oficial americano no [[Xapón]] de inicios do [[século XX]], ''La fanciulla del West'' achega unha páxina da historia americana que algúns espectadores viviran ou da que tiñan novas por parte de familiares próximos e o tema e o escenario estaban presentes na súa memoria. Esta ópera foi un encargo da [[Metropolitan Opera]] de [[Nova York]], onde foi estreada o [[10 de decembro]] de [[1910]] coas estrelas do "Met" [[Emmy Destinn]] (no papel de ''Minnie'') e [[Enrico Caruso]] (como ''Dick Johnson''), para os que Puccini escribira os papeis principais de Dick Johnson e Minnie. Non obstante, logo de que o compositor vira a [[Gilda dalla Rizza]] encarnar a Minnie na [[Opéra de Monte-Carlo]] en [[1921]] comentou: "Por fin vinavin á miña verdadeira Fanciulla". Tamén se encontraba entre o reparto encarnando a ''Jack Rance'' [[Pasquale Amato]]. O director musical do "Met", [[Arturo Toscanini]] foi o encargado de dirixir a [[orquestra]].<ref>Smith, p. 544</ref> Era a primeira estrea mundial dunha ópera no Met,<ref>Randall & Davis, p. 42</ref> e inicialmente foi recibido nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A ópera tivo éxito e unha estrea moi publicitada no "Met" en 1910.<ref>Hamilton, p. ?</ref> Non obstante, nunca foi tan popular en [[Europa]], agás cecais en [[Alemaña]]. Alí disfrutou dunha estrea triunfal na Deutsche Opernhaus de [[Berlín]] (agora chamada [[Deutsche Oper Berlin]]) en marzo de [[1913]], baixo a dirección de [[Ignatz Waghalter]].
 
O [[29 de maio]] de [[1911]] estreouse na [[Royal Opera House]] de [[Londres]], en [[Melbourne]] o [[11 de xuño]] en Her Majesty's Theatre; en [[Roma]] o [[12 de xuño]] no [[Teatro Costanzi]]; e no [[Teatro Colón, Bos Aires|Teatro Colón]] de [[Bos Aires]] o [[25 de xullo]].
 
''La fanciulla del West'' aínda se representa con frecuencia, mais nunca tanto como outras obras do compositor. Esta ópera continúa no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas, figurando nas estatísticas de [[Operabase]] aparece no posto nº 100 das óperas máis representadas no período [[2005]]-[[2010]], sendo a 37ª en [[Italia]] e a novena de Puccini con 35 representacións.<ref>[http://operabase.com/top.cgi?lang=es Estatísticas de Operabase]</ref> O "Met" presentou a obra na súa tempada [[2010]]-[[2011|11]] para conmemorar o centenario do aniversario da estrea da obra.<ref>[http://www.metoperafamily.org/metopera/season/production.aspx?id=10970 ''La fanciulla del West''] na Metropolitan Opera en 2010/11</ref>
 
== Personaxes ==
Liña 126:
''No interior do Polka Saloon''
 
Un grupo de mineiros da [[Febre do ouro de California|Febre do Ouro]] entreentra no "Polka Saloon" tras un día de traballo na mina ("Hello! Hello! Alla 'Polka'"). Logo dunha canción do trobador ambulante Jake Wallace ("Che faranno i vecchi miei"), un dos mineiros, Jim Larkens, sinte nostalxia e os mineiros recollen cartos suficientes para a súa pasaxe de volta ("Jim, perchè piangi?").
 
Un grupo de mineiros xogando ás cartas descubren que Sid fai trampas e queren atacalo. O sheriff Jack Rance tranquiliza aos mineiros e coloca dúas cartas na chaqueta de Sid como sinal de tramposo.
Liña 134:
Chega o xinete de Pony Express ("La posta!") e entrega un telegrama para Nina Micheltorena, ofrecendo revelar o escondite de Ramerrez. O sheriff dille a Minnie que a ama, mais ela o rexeita porque está esperando ao home axeitado ("Ti voglio bene, Minnie").
 
Un extraño entra no saloon e pide un whisky con auga. El preséntase como Dick Johnson, de [[Sacramento, California|Sacramento]], a quen Minnie coñecera anteriormente. Johnson invita a Minnie a bailar con el e ela acepta. Rance os miramíraos enfadado.
 
Ashby regresa cun membro da banda de Ramerrez (Castro), capturado. returns with the captured Ramerrez gang member, Castro. Ao ver ao seu líder, Johnson, no saloon, Castro acepta guiar a Rance, Ashby e os mineiros na búsqueda de Ramerrez, e o grupo o segueségueo por un camiño falso no que resulta ser unha búsqueda inútil. Mais antes de que Castro marche, murmúralle ao oído a Johnseon que alguén asubiará e Johnson deberá respostar para confirmar que o lugar está limpo. EscoitaseEscóitase un asubío, mais Johnson non responde.
 
Minnie amósalle a Johnson o barril de ouro que ela e os mineiros se turnan para vixiar pola noite e Johnson asegúralle que o ouro estará a salvo alí. Antes de que marche do saloon, el promete visitala no seu cuarto. Eles confésanse o seu amor. Minnie comeza a chorar, e Johnson a consuelaconsólaa antes de marchar.
 
===Act 2===
Liña 144:
''A casa de Minnie, máis tarde ese día''
 
Wowkle, unha sirvientaserventa nativa americana de Minnie, o seu amante Billy Jackrabbit e o seu bebé están presentes cando entra Minnie, esperando estar listos para a visita de Johnson. Johnson entra na habitación de Minnie e ela cóntalle todo sobre a súa vida. Comeza a nevar. Eles bícanse e Minnie pídelle que se quede con ela ata a mañán seguinte. Néga coñecer a Nina Micheltorena. Johnson agóchase, entra un pelotón buscando a Ramerrez que lle revela a Minnie que Johnson é o propio bandido Ramerrez. Enfadada, ela ordénalle marchar a Johnson. Trala marcha do bandido, Minnie escoita un disparo e sabe que dispararon a Johnson. Johnson entra ferido e tambaleándose, Minnie axúdalle a agocharse no faiado. Rance entra no cuarto de Minnie buscando ao bandido e cando está a piquies de abandoarabandonar a búsqueda de Johnson, caelle sangue na man. Rance obriga a Johnson a baixar. Minnie faille unha oferta desesperada: se ela lle gaña ao póker, el deberá deixar libre a Johnson; se Rance gaña, ela deberá casar con el. Tras agochar algunhas cartas nas súas medias, Minnie fai trampas e gaña. Rance cumpre o acordo e Minnie lánzase con Johnson, que está inconsciente no chan.
 
===Act 3===