Discoverer Enterprise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ampliación
Liña 64:
==Acontecemento==
[[Ficheiro:Discoverer Enterprise.jpg|miniatura|esquerda|A ''Discoverer Enterprise'' encaixada na ponte das Pías.]]
Na noite do 13 de xaneiro de 1998 a ''Discoverer Enterprise'' estaba atracada no peirao nº 10 de ASTANO, no concello de [[Fene]], estando a traballar a quenda de noite. Durante a madrugada, o temporal, rachou coas estachas que a mantiñan amarrada ó peirao do estaleiro, logo de padecer ventos que acadan os 140 km/h. Aínda non ben pasara un cuarto de hora, cando a plataforma bateu coa [[ponte das Pías]], destruíndo uns 100 m. do taboleiro, varios piares e a traída de augas dos concellos de [[Ares]], Fene e [[Mugardos]]. Na tarde dese mesmo día, aproveitando a [[preamar]], foi retirada coa axuda de varios remolcadores.
 
Os efectos do accidente supuxeron, que durante os seis meses seguintes colapsara a antiga vía de entrada a Ferrol, atravesando os concellos de [[Neda]] e [[Narón]], cun percorrido superior os oito quilómetros, chegando as retencións ata [[Pontedeume]], nalgunha das ocasións.