Jože Plečnik: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q314886
Servando2 (conversa | contribucións)
formato e insiro imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Jože Plečnik (1943), Zbirka upodobitev znanih Slovencev NUK - Crop1.jpg|right]]
'''Jože Plečnik''', nado o [[23 de xaneiro]] de [[1872]] en [[Liubliana|Laibach]] ([[Imperio Austrohúngaro]]) e finado na mesma cidade o [[7 de xaneiro]] de [[1957]], foi un [[arquitecto]] [[Eslovenia|esloveno]] que desenvolveu a súa carreira principalmente en [[Viena]], [[Belgrado]], [[Praga]] e [[Liubliana]]. Considerado o ''Arquitecto Nacional Esloveno'', quixo facer da súa arte un instrumento ao servizo da afirmación da identidade eslovena fronte á [[pobos xermánicos|cultura xermánica]] dominante no Imperio Austrohúngaro. En [[1949]] foille concedido o [[Premio Prešeren]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Liña 11:
 
A súa [[Igrexa do Santo Espírito]] (Viena, [[1910]]-[[1913|13]]), no suburbio vienés de [[Ottakring]], salienta polo uso innovador do [[formigón]], tanto na [[estrutura arquitectónica|estrutura]] como na superficie exterior, así como pola súa forma de linguaxe abstracto-clásica. Máis radical é a [[cripta]] da igresia, coas súas esbeltas e angulares [[Columna (arquitectura)|columna]]s de formigón, de [[capitel|capiteis]] e bases [[cubista]]s. Con estes traballos, Plečnik converteuse nun dos pioneiros da [[arquitectura moderna]] europea.
 
=== Universidade ===
En [[1911]] aceptou unha praza como profesor universitario na ''Escola de Artes e Oficios de Praga'', onde permaneceu dez anos ([[1911]]-[[1921]]), grazas a unha invitación do seu colega [[Jan Kotera]].
Liña 20 ⟶ 19:
 
No Hradčany praguense, deseñou ambiciosos xardíns, patios, pasaxes e interiores, hoxe mantidos. Tamén en Praga ergueu a [[Igrexa do Sagrado Corazón]] ([[1928]]-[[1932]]) no barrio de [[Vinohrady]]. Así mesmo, daquela, construiu en [[Serbia]] a [[Igrexa de Santo Antonio de Padua (Belgrado)|Igrexa de Santo Antonio de Padua]] ([[1929]]-[[1932]]) de [[Belgrado]].
 
=== Liubliana ===
Jože Plečnik viviu o resto da súa vida en Liubliana, onde se concentran a meirande parte das suas obras. Os seus comezos en [[Liubliana]] foron moito máis modestos. Comezou construíndo a súa propia casa en [[Trnovo]] ([[1923]]-[[1925]]), que conserva o ambiente e os utensilios empregados polo arquitecto na súa vida, así como os seus arquivos. Mais pronto recibiu importantes encargos como a Igrexa de [[San Francisco de Šiška]] (''Župnijska cerkev sv. Frančisčka v Šiški'') ([[1925]]-[[1930]]).
Liña 27 ⟶ 25:
 
A súa gran reputación sen embargo, perdeuse logo da Segunda Guerra Mundial, xa que no medio da Iugoslavia comunista, as súas obras pasaron a ser vistas como elitistas. A partir da década dos '40, Plečnik non realizou ningunha obra, a excepción de algunhas fontes, monumentos menores e reformas en igrexas. Logo da súa morte, acontecida o [[7 de xaneiro]] de [[1957]], a súa figura quedou esquecida, ata que nas décadas dos '80 e '90, recuperouse o interese na súa arquitetura, cando a escola post modernista se instalou no lugar das sobrias construcións soviéticas.
 
== Principais Obras ==
Por orde cronolóxica, as principais obras de Jože Plečnik son:
 
* '''Langer House, Viena (1900-1901)'''
 
A Langer House, en Viena, foi o primeiro gran proxecto de Plečnik.
 
* '''Zacherlhaus, Viena (1903-1905)'''
 
O Zacherlhaus é un edificio orixinalmente residencial e comercial construido no centro de Viena. Ata a actualidade pertence ao patrimonio da familia Zacherl, que o usa como edificio comercial.
 
* '''Igrexa do Espírito Santo, Viena (1908-1913)'''
* '''Castelo de Praga, Praga (1920-1934)'''
 
Plečnik realizou varias reformas e anexos no castelo, sendo mesmo o arquiteto xefe de Checoslovaquia.
 
* '''Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, Praga (1921-1932)'''
* '''Estedio Bežigrad, Liubliana (1923-1939)'''
 
O Estadio Bežigrad é actualmente a sede do equipo de fútbol [[NK Olimpija]], mais na actualidade está pechado por unha reforma que o ampliará ata cerca dos 12.000 assentos e creará un aparcadoiro subterráneo para 2.300 vehículos.
 
* '''Igrexa de San Francisco de Asís, Liubliana (1925-1927)'''
* '''Cámara de Comercio Traballo e Industria, Liubliana (1925-1927)'''
* '''Edificio do Banco de Celje, Celje (1927-1930)'''.
 
O edificio do Banco Popular de Poupanças, ou Banco de Celje, aínda é un importante edificio no centro de Celje, mantendo o seu propósito orixinal.
 
* '''Praza de Levstik, Liubliana (1927)''' arranxo.
* '''A praza do Congreso e o Ágora (1927)'''
Liña 60 ⟶ 46:
* '''Edificio da compañia de seguros Vzajemna zavarovalnica, Liubliana (1928-1939)'''
* '''Tromostrovje ou "Ponte Tripla", Liubliana (1929-1932)'''
 
A Tromostrovje é unha ponte situada en Liubliana e feita de madeira en [[1280]]. En [[1657]] foi reconstruída logo dun lume, e en [[1929]], Jože Plečnik engadiu dúas pontes máis aos seus lados, o que lle deu o seu nome actual.
 
* '''Biblioteca Nacional-Universitária, Ljubljana (1930-1941)'''
 
O edificio da Biblioteca Nacional Universitaria Eslovena é por moitos considerado a mellor obra de Jože Plečnik. A Biblioteca é o maior órgano educativo do país. Está en marcha a construción da nova sede, que aínda tardará en finalizarse a causa do descubrimento dun xacemento arqueolóxico na zona.
 
* '''Ponte Cobblers, Liubliana (1931-1932)'''
* '''Peglezen, Liubliana (1932-1934)'''[[Ficheiro:Brandstätte Vienna June 2006 382.jpg|thumb|150px|A Zacherlhaus, edificio ata hoxe en posesión da familia Zacherl, que o encargou a Jože Plečnik.]]
 
* '''O [[castelo de Liubliana]] (''Ljubljanski grad'') e a Acrópole, Liubliana (1932-incompleto)'''
 
Tan só realizou a renovación da fortificación Šance en [[1934]].
 
* '''Cemiterio de Žale, Liubliana (1937-1940)'''
 
Construído en [[1906]], o crecemento da cidade esixiu unha superficie maior para novas sepulturas, polo que Plečnik foi contratado para construir a parte B do cemiterio, que resultou máis bela que a orixinal.
 
* '''Mercado de Peixes, Liubliana (1939-1942)'''
* '''Ximnasio de Ursuline, Liubliana (1939-1940)'''
 
* '''Parlamento Nacional Esloveno, Liubliana (Non Realizado, proxecto de 1947)'''
 
Plečnik realizou en [[1947]] dous proxectos para o parlamento esloveno, coñecidos como o Parlamento de Plečnik. Ámbolos dous proxectos foron rexeitados en favor dun proxecto máis convencional.
 
* '''Križanke, Liubliana (1952-1956)'''
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Jože Plečnik}}
Liña 95 ⟶ 67:
* "Joze Plecknik Arquitecto 1872-1957", editado pola Dirección Xeral para a Vivenda e Arquitectura do MOPU, Madrid 1987, ISBN 84-7433-480-2
* "La Liubliana de Plečnik", ''Dónde. Guía de Liubliana'', Centro de información turística de Liubliana, Liubliana, 2012, pp. 36-38.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.plecnik.net/ Sitio web sobre Jože Plečnik] {{en}}
* [http://esloveniacorazon.si/articulos/ensayos/joze-plecnik-el-arquitecto Sitio web sobre Plečnik, con fotos da súa obra]
 
[[Categoría:Arquitectos]]
[[Categoría:Nados en Liubliana]]
[[Categoría:Nados en 1872]]
[[Categoría:Finados en 1957]]
 
{{ORDENAR:Plecnik, Joze}}