Flavina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''flavina''' (7,8-dimetil-isoaloxacina) é unha [[base nitroxenada]] derivada da substancia heterocíclica nitroxenada de tres aneis e dous grupos oxo, chamada [[isoaloxacina]], baseada na [[pteridina]]. O seu nome procede do [[latín]] ''flavus'' (amarelo), xa que a súa forma oxidade é amarela (e a súa forma reducida é incolora).
 
Da flavina deriva o '''grupo flavina''' ou grupo '''grupo flavínico''' que aparece en moitos compostos orgánicos importantes. A fonte bioquímica deste grupo é a [[vitamina]] [[riboflavina]]. O grupo flavínico pode unirse á [[adenosina difosfato]] (ADP) para formar o [[coencima]] [[flavín adenín dinucleótido]] (FAD), ou pode formar unha forma fosforilada da riboflavina, que é o coencima [[flavín mononucleótido]] (FMN), os cales interveñen en deshidroxenacións. Estes dous coencimas poden ser [[grupo prostético|grupos prostéticos]] de proteínas chamadas [[flavoproteína]]s.
 
O grupo flavina pode sufrir reaccións de [[oxidación-redución]], xa que pode aceptar dous electróns (un [[electrón]] á vez nun proceso en dous pasos ou dous electróns á vez). A súa redución realízase coa adición de átomos de [[hidróxeno]] a átomos específicos de [[nitróxeno]] dos aneis de isoaloxacina: