Palimpsesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 4:
Esta práctica de economía é moi antiga pero foi moi frecuente no [[século VII]] polas dificultades que ofrecía o comercio do [[papiro]] exipcio e repetiuse nos cinco séculos seguintes pola escaseza do [[pergamiño]], en vista da gran demanda de comercio, e a falta de [[papel]], artigo que apenas se coñecía. Lógrase restaurar a escritura antiga dos palimpsestos con técnicas especiais, sendo comúns na antigüidade a aplicación de tintura de bugallo mediante un pincel ou a chamada ''tintura de Giobert'' de [[sulfhidrato de amoníaco]].
 
Un dos máis soados palimpsestos é o que descubriu [[Barthold Georg Niebuhr|Niebuhr]] en [[Verona]] en [[1816]] contendo as ''Instituta'' do soado xurisconsulto romano [[Gaio (xurista)|Gaio]] imperfectamente raspadas para escribir encima as obras de [[San Xerome]]. Despois, en [[1822]], o orientalista milanés [[Angelo Mai]] atopou baixo a escritura de diversos palimpsestos numerosos fragmentos de autores antigos como [[Homero]], [[Símaco]], [[Dión Casio]], cartas de [[Antonino]] e [[Marco Aurelio]], o ''Tratado da República'' de [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] e en [[1853]], gran número de fragmentos dos Santos Padres.<ref>Dicionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914) </ref>
== Arqueoloxía ==
En [[arqueoloxía]] chámase palimpsesto a un sitio que presenta mestura de [[Estrato (arqueoloxía)|estratos]], impedindo aos arqueólogos saber cal é o superior e cal o inferior.
 
== Xeoloxía ==
En [[xeoloxía]] chámase palimpsesto a unha canle cuxo patrón de drenaxe foi modificado subitamente (en relación ao tempo xeolóxico), podendo evidenciarse ambos patróns como resultado do proceso.