Historia de Glasgow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Na '''historia urbana de [[Glasgow]]''', o último vao do [[río Clyde]] antes da súa desembocadura semella ter sido decisivo para que dende tempos prehistóricos se asentasen na área grupos de poboadores que vivían da pesca. Tamén para que, xa en tempos históricos, os [[celtas]] [[bretóns]] de Strathclyde tivesen alí un baluarte defensivo, que, en tempos da ocupación romana de [[Britania]], dese lugar a un asentamento na ladeira norte do río, a salvo de crecidas e a carón do arroio Molendinar (''Molendinar Burn''), que chamaban '''Cathures''' (segundo algúns autores de ''cathair'' ou ''caer'', forte). Na beira oriental do arroio, o outeiro do posterior Fir Park (actual ''Necrópole'', cemiterio vitoriano) seica puido haber acubillado os ritos dos sacerdotes druídas.
 
Cando no ano [[142]] da nosa era os romanos decidiron ampliar as fronteiras da súa ocupación, construíron oa ''Muro[[Muralla de Antonino'']] uns cinco quilómetros ao norte de Cathures (que era xa un posto comercial de fronteira) ante os ataques dos [[pictos]] das [[Highlands]] (abandono do muro apenas dúas décadas despois).
 
Os séculos posteriores foron os do mito do [[rei Artur]] e a cristianización progresiva deses confíns do mundo coñecido (St. Ninian consagra un cemiterio en 397).