Elemento regulador en cis: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Algúns xenes exprésanse coordinadamente durante un mesmo momento do desenvolvemento porque teñen módulos de secuencia comúns, que son elementos de resposta que actúan en cis.
Polo contrario, un [[elemento regulador en trans]] ou elemento trans regulador é un xene que produce un factor difusible, normalmente unha proteína, que pode modificar a expresión de xenes afastados do xene do que foi transcrito (ás veces se lle chama elemento regulatorio en trans á propia proteína ou factor). Ese [[factor que actúa en trans]] pode ser, por exemplo, un [[factor de transcrición]] que regula un xene no [[cromosoma 6]] pero que se transcribiu a partir dun xene situado no [[cromosoma 11]]. O termo ten a palabra latina ''trans'', que significa "ao outro lado de". Son factores deste tipo os
Hai, pois, elementos cis reguladores e trans reguladores. Os elementos en cis non codifican proteínas ou ARN (son sitios de unión); os elementos en trans codifican proteínas e/ou moléculas de ARN e actúan indirectamente a través delas. Os elementos cis reguladores con frecuencia son sitios de unión para un ou máis factores que actúan en trans.
|