Irish National Liberation Army: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
|status= Organización proscrita en [[Irlanda]] e [[Reino Unido]]<br />En ''[[alto o fogo]]'' dende [[1998]]<br />Dende entón, certas accións contra o [[narcotráfico]]
}}
O '''Irish National Liberation Army, INLA''' (en [[Lingua irlandesa|irlandés]]: ''Arm Saoirse Náisiúnta na hÉireann'', en [[Lingua galega|galego]]: ''Exército de Liberación Nacional Irlandés'') é unha organización [[paramilitar]] de [[esquerda política|esquerdas]] [[republicana irlandesa]] formada o 8 de decembro de [[1974]].
 
Compartindo unha ideoloxía [[marxista]] co [[Movemento Socialista Republicano Irlandés]], tivo unha grande influencia nos anos setenta e comezos dos oitenta e é hoxe un dos pequenos grupos armados republicanos irlandeses. Nos seus primeiros tempos, o INLA era coñecido como o '''People's Liberation Army''' (PLA). Durante este período, o principal obxectivo do grupo era protexer aos membros do [[Partido Socialista Republicano Irlandés]] de ataques do [[Official Irish Republican Army]] (IRA Oficial).