Illa Bouvet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| nota1 = Non utilizado até o momento.
}}
'''Illa Bouvet''' (en [[Lingua norueguesa|noruegués]]: ''Bouvetøxa'' ([[bokmål]]), que se traduce como ''Bouvetia'') é unha [[Territorio dependente|dependencia]] de [[Noruega]]. É unha [[illa deshabitada]] situada a 1.700 km do continente da [[Antártida]] e 2.000 km dirección sur/suroeste desde o [[Cabo de Boa Esperanza]] en [[Sudáfrica]]. As súas coordenadas xeográficas son 54º 26' S/ 3º 21' E. Ocupa unha superficie de 58,5 km², da cal un 93% está cuberta por xeo. É de orixe volcánica, o seu cumio máis alto o Olav (Olavstoppen) ten 780 m de altitude.
 
A illa é case circular, asucada por unha pequena cordilleira que corre diagonalmente de nordés a suroeste, o cume desta é o mencionado Olavstoppen no sector norte, bastante próximo á costa, o segundo cume é o Lykketoppen con 725 m situado bastante preto da costa suroeste. O 93% do seu territorio é [[glaciar]]. Nas costas libres de ''pack'' asoman praias negras de area volcánica. O perímetro das costas da illa é de 29,6 km. Un par de quilómetros ao suroeste da illa principal asoma o illote Larsøxa. É unha base baleira e posúe unha estación meteorolóxica dende 1977.