Linguas nórdicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
Tralos períodos do [[protonórdico]] e do [[nórdico antigo]], as linguas xermánicas setentrionais desenvolvéronse en dúas pólas: unha póla escandinava oriental, que se compoñía do [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]] e [[lingua sueca|sueco]]; e unha póla occidental, composta polo [[lingua norueguesa|noruegués]], [[lingua feroesa|feroés]] e [[lingua islandesa|islandés]].<ref>Bandle, Oskar (ed.)(2005). ''The Nordic Languages: An International Handbook of the History of the North Germanic Languages''. Walter de Gruyter, 2005, ISBN 3-11-017149-X.</ref> Unha lingua máis, coñecida como [[lingua norn|Norn]], desenvolveuse nas [[Órcadas]] e nas [[Illas Shetland]] despois de que os viquingos establecéranse alí cara ao ano 800; no entanto, a lingua extinguiuse cara ao 1700.<ref name="Holmberg" />
 
Na época medieval, os falantes de todas as linguas escandinavas podían entenderse entre eles. Cara o ano 1600, as pólas oriental e occidental reconfiguráronse dende un punto de vista sintáctico<ref name="Holmberg" /> nun grupo insular ([[lingua islandesa|islandés]] e [[lingua feroesa|feroés]]) e un grupo continental ([[Lingua dinamarquesa|dinamarqués]], [[Lingua norueguesa|noruegués]] e [[lingua sueca|sueco]]). A división entre escandinavo insular (''ö-nordisk''/''ø-nordisk'')<ref>Jónsson, Jóhannes Gísli and Thórhallur Eythórsson (2004). [http://journals.cambridge.org/action/displayAbstract;jsessionid=72768CEEDB6A49E6E7A7224C321A3A45.tomcat1?fromPage=online&aid=355925 "Variation in subject case marking in Insular Scandinavian"]. Nordic Journal of Linguistics (2005), 28: 223-245 Cambridge University Press. Consultado o 18 de setembro de 2009.</ref> e escandinavo continental (''Skandinavisk'')<ref>Heine, Bernd and Tania Kuteva (2006). ''The Changing Languages of Europe''. Oxford University Press, 2006, ISBN 0-19-929734-7.</ref> desenvolveuse, principalmente, debido á distancia xeográfica entre as dúas rexións e está baseada no grao de mutua comprensibilidade entre as linguas dos dous grupos.<ref name="Torp">Torp, Arne (2004). [http://www.norden.org/nordenssprak/kap2/2a/09.asp?lang=da Nordiske sprog i fortid og nutid. Sproglighed og sprogforskelle, sprogfamilier og sprogslægtskab]. Moderne nordiske sprog. In ''Nordens sprog - med rødder og fødder''. Nord 2004:010, ISBN 92-893-1041-3, Nordic Council of Ministers' Secretariat, Copenhagen 2004. (In Danish).</ref>
 
== Clasificación ==
Liña 26:
{{legend|#ff0000|Liña que sinala a división entre as linguas xermánicas setentrionales e occidentais}}
]]
A [[lingüística histórica]] diferenza entre dúas pólas principais: linguas escandinavas occidentais ([[Lingua norueguesa|noruegués]], [[lingua feroesa|feroés]] e [[islandés]]) e linguas escandinavas orientais ([[Lingua dinamarquesa|dinamarqués]] e [[lingua sueca|sueco]]), todas elas cos seus respectivos [[dialecto]]s e [[variedades diatópicas|variedades]]. As dúas pólas derivan, respectivamente, dos dialectos occidental e oriental do [[Nórdico antigo]]. Houbo tamén unha póla denominada [[Gútnico antigo]] falada na illa de [[Gotland]]. As linguas escandinavas orientais (e o [[lingua norueguesa|noruegués]] moderno a través do [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]]) foron moi influídas polo medio-baixo alemán durante o período da [[liga Hanseática|expansión Hanseática]].
 
Na actualidade, os empréstamos do [[lingua inglesa|inglés]] están influíndo nestas linguas. Un informe do ano [[2005]] sobre palabras usadas por falantes das linguas escandinavas amosou que o número de empréstamos do inglés empregados nas linguas escandinavas duplicouse nos derradeiros 30 anos e que agora constitúe o 1'2% do seu léxico. O [[lingua islandesa|islandés]] importou un menor número de palabras inglesas que outras linguas escandinavas, malia ser o país no que máis se emprega o inglés.<ref name="Urban">"Urban misunderstandings". In [http://web.archive.org/web/20050213062716/http://www.norden.org/norden_i_veckan/2005/uk/050117.asp Norden this week - Monday 01.17.2005].The Nordic Council and the Nordic Council of Ministers. Consultado o 18 de setembro de 2009.</ref>