Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
'''Antón''' ou '''Antonio''' é un antopónimo galego que entrou a través do [[latín]], coa forma ''Antonius'', interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de provábel orixe [[Lingua etrusca|etrusca]]. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é '''Antona'''<ref>[[Leandro Carré Alvarellos]] (1951): ''Diccionario galego-castelán'', Terceira Edizón, A Coruña, Roel</ref> ou '''Antonia'''.
 
Dende a [[Renacemento|Renacenza]] atribuíuselle unha orixe grega por mor á súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" (Anthony no canto de Antony) facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de [[AchaiaAcaia]].
 
O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en [[España]] (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).