Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Antón (homónimos)}}
[[Ficheiro: Anthony Abbot by Zurbaran.jpeg|dereita|thumb|250px| [[Antón Abade|Santo Antón do Deserto]], patrón dos animais, unha das persoas notorias de nome '''Antón'''.]]
 
'''Antón''' ou '''Antonio''' é un antopónimo galego que entrou a través do [[latín]], coa forma ''Antonius'', interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel"., mais de provábel orixe [[Lingua etrusca|etrusca]]. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é '''Antona'''<ref>[[Leandro Carré Alvarellos]] (1951): ''Diccionario galego-castelán'', Terceira Edizón, A Coruña, Roel</ref> ou '''Antonia'''.
 
Dende a [[Renacemento|Renacenza]] atribuíuselle unha orixe grega por mor á súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" (Anthony no canto de Antony) facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de [[Achaia]].
 
O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en [[España]] (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).
 
== O nome en Galiza ==
O nome documentado tradicionalmente en Galiza é Antón, xa [[Frei Martín Sarmiento]] no [[século XVIII]] falaba do prenome: ''Anton de Domayo. Uno de los 12 segadores. Antón de “Antonius”. Hay San Antonio de Padua y San Antonio Abad, casi mil años anterior. Este santo abad se entiende cuando uno se llama Antón. Y entre los rústicos se llama también Antón, aunque uno tenga el nombre de San Antonio de Padua ''<ref>Martín Sarmiento (1746-1770): ''Colección de voces y frases de la lengua gallega'', ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)</ref>.
 
En [[galego antigo]] grafábase coma: ''Anton'', ''Antõ'' ou ''Antom'' , de aí pasando ao galego moderno coma Antón/Antonio e ao portugués moderno coma ''Antônio'' (Brasil), ''António'' (Portugal) ou ''Antão''.