Aavasaksa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q303806
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Aavasaksa 1.jpg|thumb|Vista de Aavasaksa ao fondo]]
[[Ficheiro:Aavasaksa 2.jpg|thumb|Vista desde Aavasaksa]]
'''Aavasaksa''' é un [[Outeiro (orografía)|outeiro]] de [[Finlandia]] que se localiza na provincia de [[Laponia (rexión)|Laponia]], no concello de [[Ylitornio]] preto do río [[Torne]] que fai fronteira con [[Suecia]] e a 70 quilómetros da vila de [[Tornio]]. A súa altitude é de 242 metros destacando sobre o resto do territorio circundante e conformando desde [[1994]] un dos [[Paisaxes Nacionais de Finlandia]] elixidos polo Ministerio de Medio Ambiente.
 
O lugar foi unha das principais etapas da expedición enviada por [[Luís XV]] e dirixida por [[Pierre Louis Moreau de Maupertuis]] (1736-1737) co obxectivo de medir a lonxitude dun [[grao sesaxesimal|grao]] do [[arco de meridiano]] á altura do [[círculo polar]] para determinar con máis precisión a forma da [[Terra]], e que confirmou a teoría de [[Isaac Newton]] de que era aplanada nos polos como unha mandarina. Tamén deixou constancia do seu paso a expedición do explorador italiano [[Giuseppe Acerbi]] mentres observaba o sol de medianoite dirixíndose ao [[Cabo Norte]]. Aavasaksa tamén foi elixido en 1845 como un dos vértices do sistema de medicións xeodésicas coñecido como [[Arco Xeodésico de Struve]].