Brais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m lig. internas
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== O nome de Brais en Galiza ==
Brais (Bras) foi un nome común en Galiza, [[San Brais]] é padroeiro de moitas parroquias, sendo moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá ''Blas''. [[Martín Sarmiento]] fala do nome Brais (''Bras dô Montecelo): ''Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.''<ref>Martin Sarmiento (1746-1770): ''Colección de voces y frases de la lengua gallega'', ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)</ref>.
 
Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Atopamos 5081 persoas coa variante galega Brais en Galiza<ref>Fonte do Instituto Nacional de Estatística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?L=0&vista=1&orig=ine&cmb4=99&cmb6=Brais&cmb7=1&x=15&y=8</ref>. Non existen persoas coa variante Bras nin mulleres coa variante feminina.