Sidra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
aumentado desde http://palavracomum.com/2014/01/08/a-sidra-un-pracer-ancestral-i/
Liña 1:
[[Ficheiro:Sidra Natural Piñera.jpeg|miniatura|Sidra Natural de Asturies.]]
[[Ficheiro:Escanciar.jpg|miniatura|Home escanciando nunha sidrería.]]
[[Ficheiro:Sidra.jpg|miniatura|Escanciado de sidra dende a pipa.]]
[[Ficheiro:Cider-strongbow.jpg|miniatura|Pinta de sidra inglesa [[Strongbow]].]]
 
A '''sidra''' é unha bebida alcohólica de baixa gradación (menos de 3º no caso da bretoa ''Cidre Doux'', unha sidra doce, ata un máximo de 8º) fabricada co [[zume]] levedado da [[mazá]].
 
==Características==
Trátase dunha bebida moi espallada por todo o mundo, así en Europa tópase en numerosos países : [[Alemaña]], [[Bretaña]], [[Portugal]] ([[Madeira]]), España ([[Asturias]], [[Galicia]], [[Cantabria]] e [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]]), [[Italia]] ([[Piemonte]]), [[Irlanda]], [[Escocia]] e [[Inglaterra]]. En América, atópase en zonas de distintos países, probablemente debido á influencia da inmigración española do século pasado: por exemplo en [[México]] prodúcese nas cidades de [[Huejotzingo]] e [[Zacatlán]], no estado de [[Puebla]]. Na [[Arxentina]] a sidra localízase sobre todo nas provincias de Rio Negro, San Juan e Santa Fe. En [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] prodúcese principalmente en [[Nova Inglaterra]] e o estado de Nova York.
 
Pola súa singularidade hai que diferenciar a sidra natural da sidra espumosa. En xeral, mentres que en Galiza e no norte de España consúmese maioritariamente a sidra natural, no resto o mundo adóitase consumir a sidra espumosa (que asemella máis ao champagne ou á cervexa).
 
O xeógrafo romano [[Estrabón]], falando do seu paso por Galiza, menciona unha bebida que se interpretou como sidra: {{cita|Os montañeses viven durante dous terzos do ano de landras, que secan, machacan e logo moen para facer pan e conservalo durante moito tempo. Tamén beben ''zhytos''. Están escasos de viño e o que conseguen gástano rapidamente en festíns coas familias...}} ''Zhytos'' en [[Lingua grega|grego]] é [[cervexa]], pero dada a similitude na cor das dúas bebidas, e a ausencia de produción de cereais nas zonas de montaña que el visitou e a abundancia de maceiras, enténdese que a bebida á que se refire é a sidra.
 
A sidra aparece tamén mencionada no ''Libro do peregrino'' do ''[[Códice Calixtino]]''. No libro V, capítulo VII, "Dos nomes das terras e das particularidades das xentes que se atopan no camiño de Santiago": {{cita|Vén logo a terra dos galegos, pasados os confíns de León e os portos de Monte Irago e Cebreiro. É unha terra frondosa de ríos, prados e extraordinarios verxeis, bos froitos e clarísimas fontes, pero escasa en cidades, vilas e terras de labor, escasa en pan, trigo e viño pero abundante en pan de centeo e sidra, ben abastecida en gandos e cabalerías, en leite e mel, e en peixes de mar, grandes e pequenos.}}
 
[[Categoría:Bebidas alcohólicas]]