Ficus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 216:
[[Ficheiro:Ficus1.jpg|miniatura|Raíces superficiais de ''Ficus benjamina''.]][[Ficheiro:Ficus2.jpg|miniatura|Tronco estrangulador de ''Ficus clusiifolia''.]] [[Ficheiro:Ficus_sycomorus.jpg|miniatura|Sicómoro grande mais debilitado na Quinta da Boa Vista, Rio de Janeiro]]
* ''F. carica'', ou [[Figueira|figueira común]], é a árbore que produce os figos comestíbeis. Nativa do [[Oriente Medio]] e do [[Mediterráneo]], os seus froitos son consumidos desde a antigüidade. Son popularmente usados ó natural, en compotas ou en doces.
* ''F. elastica'', [[árbore do caucho]]<ref>Nome vulgar galego en ''Termos esenciais de botánica'', Universidade de Santiago de Compostela, 2004</ref> ou falsa-[[hevea]], é unha das árbores tropicais mais cultivadas do mundo. Nativa da [[India]], é unha árbore de porte imponente, cuxo tronco e raíces - e até mesmo o tamaño das follas - se pode presentar de maneiras diferentes, de acordo coa variedade e as condicións de cultivo. Normalmente producen moitas raíces adventicias que, ao alcanzar o solo, engrosan como verdadeiros troncos auxiliares. Algúns usan o seu látex como [[bronceador]]. En realidade. este látex é extremamente [[toxicidade|tóxico]], e exposto ao sol, destrúe a [[pel]] (o efecto de "bronceamento", na verdade, é consecuencia da morte do tecido). A exposición prolongada aínda pode causar [[cancro]].
* ''F. benjamina'', ficus ou [[figueira-benxamín benxamina]], orixinaria da India, é cultivada pola súa follaxe brillante e delicada. É común vela en vasos, con porte baixo e copa podada, mais é unha planta que pode sobrepasar os 20 metros de altura, e as súas raíces poden destruír muros e pavimentos con facilidade.
* ''F. microcarpa'' é outra especie indiana introducida no [[Brasil]] como ornamental. Ao contrario das anteriores, neste país hai vespas capaces de efectuar a súa polinización, de modo que ela consegue reproducirse libremente. As súas sementes xerminan en case calquera condición, inclusive en rachaduras de construcións, pontes, muros, calzadas, etc. Esta especie crece tanto como a [[figueira-benxamín benxamina]], e en pouco tempo pode destruír todo á súa volta.
* ''F. pumila'', ou ''hera'', ou figueira-rubideira, é moi apreciada como ornamental. Posúe raíces adventicias pequenas que se prenden a calquera superficie, permitindo que a planta creza sobre muros.
* ''F. clusiifolia'', ou figueira-vermella, nativa do Brasil, é unha das que se comportan como "estranguladoras". Ocasionalmente xerminan sobre outras árbores, e compórtanse como [[epífita]]s até que as súas raíces alcancen o solo. Entón as raíces engrosan, crecen en volta da árbore hospedeira, até que a sufocan por apertamento e destrución dos feixes vasculares, e a matan. Os seus froitos son vermellos, pequenos, mais saborosos.