Tratado de paz de Moscova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q695285
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
 
== Antecedentes ==
O goernogoberno finés recibíu o primeiro intento dunhas condicións de paz da [[Unión Soviética]] (a través de [[Estocolmo]]) o [[31 de xaneiro]]. Ata entón, o [[Exército Vermello]] loitara para ocupar toda [[Finlandia]]. Nese momento, o réxime estaba preparado para moderar as súas demandas. Estas eran que Finlandia cedese o [[istmo de Carelia]], incluída a cidade de [[Viipuri]], e a ribeira finesa do [[lago Ladoga]]. A [[península de Hanko]] sería arrendada á Unión Soviética durante 30 anos.
 
Finlandia rexeitou estas demandas e intensificou as súas peticións a [[Suecia]], [[Francia]] e o [[Reino Unido]] de apoio militar con tropas regulares. Aínda que a longo prazo Finlandia non tiña posbilidades contra un país cincuenta veces máis grande, os informes da fronte mantiñan a súa esperanza, anticipando unha intervención da [[Liga de Nacións]]. Sinais positivas, aínda que inconstantes, dende Francia e Reino Unido, e máis reais dende Suecia, coa cal fixera plans e preparativos ao longo dos anos 30, eráneran boas razóns para que Finlandia non se precipitase coas negociacións de paz.
 
En febreiro de [[1940]], o comandante en xefe finés, o mariscal Mannerheim, expresou o seu pesimismo sobre a situación militar, o que levou ao goberno a comezar negociacións de paz o [[29 de febreiro]], o mesmo día que o [[Exército Vermello]] comezou a atacar Viipuri (actualmente [[Vyborg]]).
 
== Tratado ==
O [[6 de marzo]], unha delegación finesa liderada polo primeiro ministro [[Risto Ryti]] iaxouviaxou a [[Moscova]]. Durante as negociacións, o [[Exército Vermello]] atravesou as liñas de defensa finesas ao redor de [[Tali]] e estaban a piques de rodear Viipuri.
 
O tratado de paz foi asinado na tarde do [[12 de marzo]], hora de [[Moscova]]. O protocolo anexo ao mesmo estipulaba que a loita debería rematar ao mediodía segundo o horario de [[Leningrado]], polo que os cobatescombates continuaron durante ese día.
 
Finlandia foi forzada a ceder case toda a Carelia finesa (co centro industrial finés, incluídos Vyborg/Viipuri, a segunda cidade máis grande do pais, Käkisalmi, Sortavala e Suojärvi, e o conxunto da baía de Viipuri coas súas illas; en total, preto do 10% do erritorioterritorio), a pesar de que grandes partes desa zona aínda estaban en poder do exército finés. As tropas e os civís que aínda se atopaban neses lugares foron evacuados a toda presa cara aá nova fronteira. Uns 422.000 carelianos, o 12% da poboación finesa, perderon os seus fogares.
 
Curiosamente, tamén había unha zona que os rusos capturaran durante a guerra que quedou en mans finesas segundo o tratado: [[Petsamo]]. Porén, o mesmo tratado estipulaba que [[Finlandia]] debía garantir libre paso para os civís soviéticos a través de Petsamo cara [[Noruega]].
 
Finlandia tamén tivo que ceder unha parte da área de [[Salla]], a zona finesa da [[península de Kalastajansaarento]] no [[mar de Barents]], e no [[golfo de Finlandia]] as illas de Suursaari, Tytärsaari, Lavansaari, Peninsaari, e Seiskari. Finalmente, a [[península de Hanko]] foi arrendada á [[Unión Soviética]] como base naval durante 30 anos cun custe de 8 millóns de marcos anuais.
 
Contrariamente á crenza común, os dereitos de transferencia das tropas soviéticas por ferrocarril á base de Hanko non foi garantido polo tratado de paz, pero foron demandados o [[9 de xullo]], despois de que [[Suecia]] comunicase o transito de tropas da [[Wehrmacht]] por ferrocarril na [[Noruega]] ocupada.
 
Demandas adicionais foron que todos os equipamentos e instalacións dos territorios cedidos debían ser entregados. Debido a isto, Finlandia tivo que entregar 75 locomotoras, 2.000 vagóns de tren, e un bo número de coches, camións e barcos. A área industrial de [[Enso]], que estaba claramente no lado finés da fronteira segúndosegundo os planos do tratado, sumouse ao pouco tempo ás perdas de territorio e equipo.
 
A nova fronteira non foi arbitraria dende o punto de vista soviético. Antes da guerra, Finlandia era líder de produción de pulpa de alta calidade, sendo esta unha importante materia prima para explosivos. Incluídas as fábricas de Enso, a Unión Soviética capturou o 80% da súa capacidade de produción.
Liña 28:
Finlandia tivo que ceder 1/3 da súa enerxía hidroeléctrica, principalmente na forma de plantas xeradoras de enerxía no [[río Vuoksi]], que era moi necesaria en [[Leningrado]] onde a industria tiña unha escasez dun 20% de enerxía.
 
A localización da nova fronteira era compatible coa doctrina de defensa soviética, que prevía levar os combates a territorio inimigo a base de contraataques e ataques preventivos. Baixo esta doctrina, a fronteira ideal non debía permitir ao inimigo ter barreiras defensivas naturais; polo que en vez de trancorrertranscorrer a través de límites naturais coocomo a baía de Viipuri ou a rexión pantanosa do istmo entre o [[lago Saimaa]] e o [[lago Ladoga]], a nova fronteira trancorríatranscorría pola cara oeste destas barreiras. Pero esas posicións eran tamén doadas de rodear por un inimigo que atacase ao [[Exército Vermello]], como se descubriría pouco despois.
 
Os fineses sorpredéronse polas duras condicións do tratado. Parecía como que se perdera máis territorio na paz que na guerra, e as perdas eran dalgunhas das partes con máis valor do país:
*Grandes zonas da parte máis poboada da rexión sur que conservou Finlandia conectábaseconectábanse ao mundo a través do sistema de canles de Saimaa, que co tratado cortouse en Vyborg onde se conctaba co golfo de Finlandia.
*A parte sur da zona perdida era o corazón industrial do país.
*Carelia é considerada o corazón e orixe da cultura finesa. Antes da [[Guerra de Inverno]], a soberanía soviética sobre a principal parte de Carelia, e as atrocidades estalinistas alí cometidas, foran unha importante preocupación para moitos fineses. Baixo os termos do tratado, o resto de Carelia tamén se perdera. Isto foi o inicio da [[Asunto de Carelia na política finesa|cuestión de Carelia]].
 
A simpatía da opinión pública mundial semellaba ter sido de pouco valor. Unha certa decepción converteuse nunha característica común na visión dos fineses sobre outras nacións, non menos cara os suecos, became a common feature of the Finns' view of other nations, not the least of Swedes, que ofreceran as súas simpatías pero que non cumpriran as súas obrigas de prestar apoio militar.
 
Para ben ou para mal, os duros termos impostos aos fineses levoulevaron a que tendesen a buscar o apoio dos [[Nazi]]s, facendo que moitos habitantes do país o considerasen como unha vinganza xustificada. Ao final, isto podería ter sido unha cndición necesaria para a supervivencia de [[Finlandia]] na [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Só un ano despois, en xuño de [[1941]], reiniciáronse as hostilidades coa [[Guerra de Continuación]].