Lise Meitner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
*radiactiva>radioactiva
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no [[1901]]) con [[Ludwig Boltzmann]]. Despois de doutorarse, mudouse a [[Berlín]] en [[1907]] para estudar con [[Max Planck]] e [[Otto Hahn]], co que traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, 'Max Planck Institut'). Ambos investigaron a [[radioactividade]], un dende a perspectiva química e a outra dende a da física. No [[1918]] descubriu o [[Pa/elemento|Protoactinio]]. No [[1923]] descubriu a transición non radiactiva[[radioactividade|radioactiva]] denominada [[Efecto Auger]].
 
Ó ser anexionada Austria por [[Alemaña]] no [[1938]], Lise viuse forzada a trasladarse a [[Suecia]], pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de [[Estocolmo]]. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en [[Copenhaguen]] ([[Dinamarca]]) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da [[fisión nuclear]] e foron publicados en xaneiro de [[1939]], dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.