Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
Liña 89:
[[Xaime I de Aragón]] conquistou boa parte do oriente peninsular, primeiro coa conquista de [[Mallorca]] ([[1229]]) e máis serodiamente coa conquista de Valencia ([[1238]]). Mentres tanto os casteláns obtiveron vitorias importantes, como a conquista de Tarifa ([[1292]]) e a de [[Xibraltar]] ([[1308]]), pero as incursións granadinas, a frustrada croada castelán-aragonesa de [[1309]] e o [[desastre de la Vega]] ([[1319]]), igualaron as forzas cristiás e musulmás.
 
Así pois a crecente ameaza nazarí-merinida relanzou a conquista feudal entre [[1327]] e [[1344]]. Cara [[1330]] Granada decantouse por outra alianza co [[sultán]] merinido Abul-Hasan ([[1331]]-[[1351]]), disposto a unha guerra aberta contra os cristiáns. Deste xeito, os merinidos chegaron a recuperar os portos de Tarifa, [[AlgecirasAlxeciras]], [[Xibraltar]] ([[1333]]) e [[Rota, Cádiz|Rota]].
 
[[Afonso XI de Castela]] fortaleceu Castela durante as treguas, e en [[1339]] xuntou as súas tropas coas de [[Pedro IV de Aragón]] e [[Afonso IV de Portugal]]. En agosto de [[1340]] un grande exército merinido desembarcou nas costas peninsulares e asediou Tarifa (agora en poder dos casteláns). O enfrontamento definitivo tivo lugar na [[batalla do río Salgado]] ([[30 de outubro]] de [[1340]]), onde as tropas castelás e os seus aliados, derrotaron ó exército nazarí-merinido de Abul-Hasan e o nazarí Iusuf I ([[1333]]-[[1354]]), quen tiñan un exército moito máis numeroso, mais peor armado e de inferior táctica. Coa moral recuperada Afonso XI conquistou [[Alcalá la Real]] ([[1341]]), derrotou ós nazarís na [[Batalla do río Palmones]] ([[1343]]) e despois de dous anos de sitio tomou AlgecirasAlxeciras (marzo de [[1344]]). En [[1349]] intentou conquistar Xibraltar, pero morreu de [[peste]] durante o sitio (marzo de [[1350]]). Coas súas vitorias, Afonso XI destruíu o derradeiro apoio norteafricano de [[al-Ándalus]]. Dende mediados do [[século XIV]], Granada quedou illada do [[Magreb]]. O imperio merinido foi desintegrándose lentamente á morte de Abul-Hasan, aínda que permaneceron na Península ata [[1374]].
 
== A evolución política dos Reinos Cristiáns ==