Sapo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
retiro cat. redundante
O contido da páxina foi substituído por "Categoría:Anuros"
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
{| border="1" cellspacing="0" align="right" cellpadding="2"

! bgcolor="pink" | Bufónidos
(''Bufonidae'')
Sapos verdadeiros

| align="center" | [[Ficheiro:Bufo viridis (Marek Szczepanek).jpg|250px]]

''[[Bufo viridis]]''

! bgcolor="pink" | [[Clasificación científica]]

{| align="center"

| [[Reino (bioloxía)|Reino]]: || ''[[Animalia]]''

| [[Reino (bioloxía)|Subreino]]: || ''[[Eumetazoa]]''

| [[Phylum (bioloxía)|Superfilo]]: || ''[[Deuterostomia]]''

| [[Phylum (bioloxía)|Filo]]: || ''[[Chordata]]''

| [[Phylum (bioloxía)|Subfilo]]: || ''[[Vertebrata]]''

| [[Phylum (bioloxía)|Infrafilo]]: || ''[[Gnathostomata]]''

| [[Clase (bioloxía)|Superclase]]: || ''[[Tetrapoda]]''

| [[Clase (bioloxía)|Clase]]: || ''[[Amphibia]]''

| [[Familia (bioloxía)|Familia]]: || '''''Bufonidae''''' Gray, 1825

! bgcolor="pink" | [[Xénero (bioloxía)|Xéneros]]

* Ver texto

Os verdadeiros '''sapos''', e os máis coñecidos polo común da xente, son os membros da [[familia (bioloxía)|familia]] dos '''bufónidos''' (''Bufonidae'') da [[clase (bioloxía)|clase]] dos [[anfibio]]s, [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[anuros]] (''Anura''), de distribución cosmopolita, con dúas especies ibéricas presentes en Galicia, e caracterizadas por teren o corpo repoludo, a pel moi verrugosa, a pupila horizontal e grandes glándulas parótides.<ref>Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): ''Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais, p. 142.</ref>

Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as [[ra]]s dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.

En realidade, son varias as familias de sapos que habitan en Galicia (e algunhas máis que viven noutras partes do mundo). Á parte da familia dos bufónidos, dos que temos dous representantes, o [[sapo común]] (''Bufo bufo'') e o [[sapo corredor]] ou corriqueiro (''Bufo calamita''), temos na nosa terra outros dous representantes da familia dos [[discoglósidos]] (''Discoglossidae''), o [[sapiño pinto]] (''Dioscoglossus galganoi'') e o [[sapiño comadrón]] (''Alytes ostetricans''), un da dos [[pelobátidos]] (''Pelobatidae''), o [[sapo de esporóns]] (''Pelobates cultripes'') e outro da dos [[pelodítidos]] (''Pelodytidae''), o [[sapiño patilongo]] ou de patas longas (''Pelodytes punctatus'').<ref>Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): ''Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais, p. 141-142.</ref>

== Características ==
A maioría deles vive dentro ou próximos a unha fonte de auga, aínda que existen sapos que viven en ambientes húmidos mais que non son considerados ambientes acuáticos. A necesidade por auga é mais urxente para os [[Ovo (bioloxía)|ovos]] e as crías do sapo, a pesar de que algunhas especies utilicen pozas temporalmente e agua recollida nos ramos de plantas. Os anfibios dependen da auga para a posta de ovos —pois estes non teñen casca— e para manter a [[pel]] húmida que resulta necesaria para a realización da [[respiración]] [[pel|cutánea]], onde o intercambio de gases faise na pel. A respiración cutánea é necesaria pois a [[respiración]] [[pulmón|pulmonar]] non é completamente eficiente.

== Desenvolvemento e metamorfose ==
Os sapos producen unha transformación na súa etapa de desenvolvemento. Comezan a súa vida como [[cágado]]s co corpo semellante a un [[peixe]], sen patas, con aletas e respirando a través das [[branquia]]s.
Durante a metamorfose, as aletas transfórmanse en patas, desaparecerá a cola e a respiración pasará a ser pulmonar.
== Distribución ==
[[Ficheiro:Bufonidae_distrib.PNG||thumb|150px|Distibución dos sapos no mundo (en negro)]]
Existen no mundo cerca de 4 800 especies de sapos.

Son capaces de habitaren en multitude de [[biotopo]]s e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de [[Siberia]], norte de [[Canadá]] e [[Groenlandia]] e nas zonas desérticas máis áridas como o [[deserto do Sáhara]]; tampouco se atopan en [[Australia]], [[Nova Celandia]], [[Madagascar]], e parte do [[Océano Índico]].

== Diferenza entre os sapos e as ras ==
Os sapos distinguense das [[ra]]s polo porte: son de maior tamaño, mais voluminosos e repoludos, coas patas posteriores máis ben curtas, movementos torpes e cores discretas e a pel seca, áspera e verrugosa; xeralmente viven en ambientes máis secos e teñen as [[membrana interdixital|membranas interdixitais]] pouco desenvolvidas. As ras, pola contra, soin máis esveltas, teñen a pel máis lisa, as patas traseiras máis longas, polo que poden dar grandes saltos, e as membranas interdixitais máis desenvoilvidas, o que indica os seus hábitois máis acuáticos.<ref>Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): ''Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais, pp. 141 e 177.</ref>

== Clasificación ==
A familia dos bufónidos foi creada por [[John Edward Gray]] (1800-1875) en [[1825]].
Segundo ''Amphibian Species of the World (ASW)''<ref>[http://research.amnh.org/vz/herpetology/amphibia/ ASW]</ref> os seus xéneros son os seguintes:

=== Lista de xéneros ===
* ''[[Adenomus]]'' Cope, 1861.
* ''[[Altiphrynoides]]'' Dubois, 1987.
* ''[[Andinophryne]]'' Hoogmoed, 1985.
* ''[[Ansonia]]'' Stoliczka, 1870.
* ''[[Atelophryniscus]]'' McCranie, Wilson et Williams, 1989.
* ''[[Atelopus]]'' Duméril et Bibron, 1841.
* ''[[Bufo]]'' Laurenti, 1768.
* ''[[Bufoides]]'' Pillai et Yazdani, 1973.
* ''[[Capensibufo]]'' Grandison, 1980.
* ''[[Churamiti]]'' Channing et Stanley, 2002.
* ''[[Crepidophryne]]'' Cope, 1889.
* ''[[Dendrophryniscus]]'' Jiménez de la Espada, 1871.
* ''[[Didynamipus]]'' Andersson, 1903.
* ''[[Frostius]]'' Cannatella, 1986.
* ''[[Laurentophryne]]'' Tihen, 1960.
* ''[[Leptophryne]]'' Fitzinger, 1843.
* ''[[Melanophryniscus]]'' Gallardo, 1961.
* ''[[Mertensophryne]]'' Tihen, 1960.
* ''[[Metaphryniscus]]'' Señaris, Ayarzagüena et Gorzula, 1994.
* ''[[Nectophryne]]'' Buchholz et Peters In Peters, 1875.
* ''[[Nectophrynoides]]'' Noble, 1926.
* ''[[Nimbaphrynoides]]'' Dubois, 1987.
* ''[[Oreophrynella]]'' Boulenger, 1895.
* ''[[Osornophryne]]'' Ruiz-Carranza et Hernández-Camacho, 1976.
* ''[[Parapelophryne]]'' Fei, Ye et Jiang, 2003.
* ''[[Pedostibes]]'' Günther, 1876.
* ''[[Pelophryne]]'' Barbour, 1938.
* ''[[Pseudobufo]]'' Tschudi, 1838.
* ''[[Rhamphophryne]]'' Trueb, 1971.
* ''[[Schismaderma]]'' Smith, 1849.
* ''[[Spinophrynoides]]'' Dubois, 1987.
* ''[[Stephopaedes]]'' Channing, 1979.
* ''[[Truebella]]'' Graybeal et Cannatella, 1995.
* ''[[Werneria]]'' Poche, 1903.
* ''[[Wolterstorffina]]'' Mertens, 1939.

== Galería de imaxes ==

<gallery>
Ficheiro:Bufo bufo 03.jpg|''Bufo bufo''
Ficheiro:Sapo cunqueiro.jpg|Sapo cunqueiro
Ficheiro:Sapo Barraña Boiro Xullo 2006 1.jpg|Sapo en Barraña, [[Boiro]], [[Galicia]]
Ficheiro:Bufo bufo couple during migration(2005).jpg|Sapos no camiño para desovar
</gallery>

== Notas ==
{{listaref}}

== Véxase tamén ==
{{Commons|Toad|Sapo}}

=== Bibliografía ===
* Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
* Arnold. E. N. e J. A. Burton (1878): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
* Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6.
* Zweifel, R. G. (1998), in Cogger, H. G. & Zweifel, R. G.: ''Encyclopedia of Reptiles and Amphibians''. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.

=== Outros artigos ===
* [[Anfibios]]
* [[Anuros]]
* [[Ra]]

=== Ligazóns externas ===
* Frost, Darrel R. (2008): ''Amphibian Species of the World: an Online Reference''. Version 5.2 (15 de xullo de 2008). [http://research.amnh.org/herpetology/amphibia/index.php. American Museum of Natural History, New York, USA].

[[Categoría:Anuros]]