Wikipedia:Non trabes os novatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
* Algúns acabados de chegar actúan de forma contraria, fican entusiasmados demais coa capacidade de editar todo e son exaxeradamente audaces. '''En vez de tentar prohibilos, fai unha análise para verificar se non es ti quen estás parado no tempo e non precisas ser máis ousado.''' O entusiasmo inicial é importantísimo para concretar os cambios necesarios no proxecto; incentívao.
* Ao dares consellos, non utilices o ton maduro en que acontecen xeralmente as discusións comúns da Wikipedia. '''Faino sentirse realmente benvido e non como se debese gañar a túa confianza para entrar nun club particular'''. Se non conseguimos recibir ben alguén, é común que el pense que somos unha especie de "pandilla". Mesmo que el pense iso, non sexas duro con el, faille entender que somos como unha [[Familia (socioloxía)|familia]]. Todo grupo de persoas, como os expertos , teñen as súas estruturas xa consolidadas que evolúen pouco e deben pasar por revisións periódicas. O novato pode axudar moito nesa tarefa. Moitas veces a Wikipedia madurece moito con algunha acción abrupta dun novato e que non facíamos antes por aquel medo de "estragar o que xa funciona".
* Non lle chames aos novatos con nomes depreciativos, tales como "‘‘[[Troll (Internet)|troll]]’‘", "‘‘[[Wikipedia:SockpuppetsMonicreques|sockpuppetMonicreques]]’‘", "ignorante", "malvado", "sen noción", "patético", "doente", "imbécil", "polemizador", "vándalo", etc. Pensa que iso só empeora, a [[violencia]] xera violencia.
* É moi común que os novatos non saiban ou esquezan de asinar con catro tiles (<nowiki>~~~~</nowiki>). Lembra ser moi sutil ao axudalo nese asunto.
* '''[[Wikipedia:Asuma a boa fe|Presupoñamos a boa fe]]''' por parte do novato. É moi probábel que só queiran axudar, por máis difícil que poida ser entender iso, dálles esa oportunidade!