Espazo periplásmico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Gram negative cell wall-gl.svg|miniatura|dereita|300px|[[Parede celular]] dunha bacteria [[Gram negativa]].]]
O '''espazo periplásmico''' ou '''periplasma''' é o espazo que rodea as dúas barreiras de permeabilidade selectiva da cuberta das bacterias, que son a [[membrana plasmática]] ou membrana interna e a membrana externa das [[parede celular|paredes]] das [[bacteria]]s [[Gram negativa]]s. Falando estritamente, as bacterias [[Gram positiva]]s non teñen un verdadeiro espazo periplásmico porque teñen só unha membrana biolóxica lipoproteica, a [[membrana plasmática]], pero poden ter unha rexión denominada "zona da parede interna" (IWZ, ''inner wall zone'') situada entre a membrana plasmática e a [[parede celular]] madura. <ref name="Matias & Beveridge, 2005">, Matias, V. R., and T. J. Beveridge. 2005. Cryo-electron microscopy reveals native polymeric cell wall structure in Bacillus subtilis 168 and the existence of a periplasmic space. Mol. Microbiol. 56:240-251. {{doi|10.1111/j.1365-2958.2005.04535.x}}.</ref><ref name="Zuber et al, 2006">, Zuber B, Haenni M, Ribeiro T, Minnig K, Lopes F, Moreillon P, Dubochet J. 2006. Granular layer in the periplasmic space of Gram-positive bacteria and fine structures of Enterococcus gallinarum and [[Streptococcus gordonii]] septa revealed by cryo-electron microscopy of vitreous sections. J Bacteriol. 188:6652-6660. {{doi|10.1128/​JB.00391-06}}</ref>
O periplasma pode chegar a supoñer o 40% do volume celular total nas bacterias Gram negativas, mentres que a "zona da parede interna" das Gram positivas é moitísimo menor. <ref name="isbn3-540-42608-6">{{cite book |author=Otto Holst; Guntram Seltmann |title=The Bacterial Cell Wall |publisher=Springer |location=Berlin |year= |pages= |isbn=3-540-42608-6 |oclc= |doi=}}</ref> A composición da "zona da parede interna" non foi aínda claramente determinada.