Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da [[Guerra de Sucesión Española]] confirmouse o [[lingua castelá|castelán]] coma lingua oficial en toda [[España]] e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.
 
Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (territorio fronteirizo disputado polos reinos medievais de Castela e Navarra durante a Idade Media, pero a partir do 1076 incorpórase a Castela<ref>http://www.riojanosenlared.com/index.php/la-rioja/historia</ref>) pe máis [[Cantabria]], e engadiuse a rexión de León, formando [[Castela e León]]. Castela a Nova dividiuse na [[Comunidade de Madrid]], que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a [[provincia de Albacete]],cuxo dous terzos do territorio eran casteláns e só un terzo pertencía ao antigo Reino de Murcia, cando Jaime de Burgos creou a provincia e asignouna nominalmente ao Reino de Murcia<ref>http://avellano-educar.blogspot.com.es/2009/11/n-el-nacimiento-de-una-provincia.html</ref>.Debido a este feito, cando creouse a Comunidade de [[Castela-A Mancha]], a maioría dos representantes de Albacete preferiron incorporar Albacete a devandita Comunidade autónoma<ref>http://www.asc-castilla.org/contenido/index.php/castilla/historia/115-la-cuestion-de-albacete</ref>.
 
Na actualidade existen algúns [[nacionalismo castelán|partidos nacionalistas]] casteláns minoritarios, coma [[Tierra Comunera]] (TC)(hoxe [[Partido Castellano]]) ou [[Izquierda Castellana]] (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas ''castelás''. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.