Clasificación climática de Köppen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Grenlandia -> Groenlandia (DiRAG: groenlandés, groenlandesa. De Groenlandia ou dos seus habitantes. Persoa natural ou habitante de Groenlandia)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 103:
Neste clima xoga un papel fundamental a acción reguladora do océano. As correntes mariñas cálidas que bañan estas costas reducen a oscilación térmica anual e favorecen as precipitacións. No verán seguen a actuar as masas de aire marítimo que, xunto coa brisas, refrescan o ambiente. Porén, hai variantes deste clima en función da latitude e da continentalidade. Canto máis ao sur, preto do límite do paralelo 40º, as precipitacións estivais redúcense (non pasa o mesmo coas invernais) sen marcaren unha estación seca por escasa marxe e as temperaturas aumentan. Canto máis nos adentremos no continente prodúcese unha degradación consistente nun aumento da oscilación térmica anual (veráns máis calorosos e invernos máis fríos) e as chuvias equilíbranse, diminuíndo as invernais e aumentando as estivais.
 
Este clima dá lugar a ríos regulares, aínda que cun nivel máis alto no inverno que no verán. A vexetación componse de bosques caducifolios e de coníferas, sendo habitual un sotobosque de [[fento]]s, [[Ulex|toxo]]s e [[uz|uces]]. Os solos poden ser ''[[podzol|podzois]]'', acedos e moi lavados, ou solos pardos, ricos en [[humus]] e, xa que logo, de boa calidade para o cultivo.
 
É o clima das sete cidades galegas, aínda que coas matizacións descritas polas diferenzas en latitude e en distancia ao mar. Fóra do país teñen este clima [[Bergen]] (Noruega) ou [[Wellington]] (Nova Zelandia), por citar dous exemplos.