Henrique II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
mSen resumo de edición
Liña 9:
Tiña os alcumes de ''o magnífico'' e tamén ''el de las Mercedes'': dispensaba larguezas para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña D. María de Portugal (en [[1350]]), revolveuse contra o seu irmán [[Pedro I de Castela]], apoiándose no aliado [[Pedro IV de Aragón]]. Para algúns autores a morte da mai e do seu irmán D. Frederico ou Fradique, ás mans do rei, o seu irmán, fíxolle decidir lanzarse no camiño do crime, receando pola súa vida.
 
Fuxiu en [[1356]] para a Francia, cando o irmán subiu ao trono. Recibiu axuda en [[1365]] do rei [[Carlos V de Francia]] que mandou [[Bertrand du Guesclin]] levar a Castela as ''Grandes Compagnies'' para combater a Pedro e o seu aliado inglés, o Príncipe Negro. Vencido o [[3 de abril]] de [[1367]] en NáxeraNájera polo Príncipe Negro, sendo preso Bertrand, fuxiu para Aragón. Libre, Bertrand du Guesclin logo obtivo a vitoria de [[Montiel]] ([[1369]]). Sitiou o irmán, cos mercenarios de du Guesclin, en Montiel, na Mancha, e asasinouno nunha entrevista o [[23 de marzo]] de [[1369]].
 
Gobernou 10 anos apoiado pola Francia, na súa guerra contra as fillas de Pedro, chamadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a [[Fernando I de Portugal]] e [[Xoán de Gante]], Duque de Lancaster, pretendentes da Coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En [[1372]] a súa flota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses [[La Rochelle]].