Promotor (xenética): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
En [[bacteria]]s o promotor é recoñecido pola [[ARN polimerase]] e por un [[factor sigma]] asociado, o cal, á súa vez, é traído con frecuencia ata o promotor por unha proteína activadora, que se une ao seu propio sitio de unión no ADN cercano.
 
En [[eukarya|eucariota]]s o proceso é máis complicado, e polo menos son necesarios sete factores diferentes para a unión dunha [[ARN polimerase II]] ao promotor.
 
Os promotores representan elementos críticos que poden funcionar en concerto con outras rexións reguladoras ([[amplificadores (xenética)|amplificadores]] ou ''enhancers'', [[silenciador (ADN)|silenciadores]], elementos límite/[[Insulador (xenética)|insuladores]] ou ''insulators'') para dirixir o nivel de transcrición dun xene dado.