Fase escura: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
{{VT|Fase luminosa}}
[[Ficheiro:
[[Ficheiro:Chloroplast diagram.svg|miniatura|dereita|Esquema dun cloroplasto. A fase escura ten lugar no estroma e a fase luminosa nos tilacoides.]]
A '''fase escura''' da fotosíntese ou '''reaccións independentes da luz''' da fotosíntese é a fase da [[fotosíntese]] consistente na síntese de azucres por medio de reaccións encimáticas utilizando como fonte de carbono o CO<sub>2</sub> atmosférico. Estas reaccións denomínanse [[ciclo de Calvin]], teñen lugar no [[estroma]] dos [[cloroplasto]]s e non precisan a absorción de enerxía da luz. A fotosíntese ten tamén unha fase previa, chamada [[fase luminosa]] na que se absorbe enerxía luminosa. O nome de escura procede, precisamente, desta <u>non absorción de luz</u>, pero non quere dicir que se produza de noite; de feito, as dúas fases da fotosíntese, luminosa e escura, teñen lugar de día; por iso ás veces se prefire falar de ''reaccións independentes da luz'' en vez de fase escura. De todos modos, este termo tamén é problemático, porque de forma indirecta a fase escura tamén está influída pola luz.
|