Fertilizante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 49:
[[File:Instalaciones MIRAT S.A. Salamanca.JPG|thumb|Fundada en 1812, [[Mirat]], produtora de [[esterco]]s e fertilizantes, seica sexa a industria máis antiga de fertilizantes. Atópase en [[Salamanca]] (España).]]
 
O manexo da [[fertilidade do solo]] foi a preocupación principal dos labregos durante milleiros de anos. En Galicia apañábanse '''[[xesta]]s''', '''[[Ulex|toxo]]s''' e outros matos para estrar as cortes e facer [[esterco]]. Moitas veces empregábase directamente a broza apañada no monte para fertilizar montes e leiras, recibindo o nome de '''[[esquilmo]]''', semellante ao que hoxe denominamos '''''compost'''''. Na [[beiramar]], apañábase nas praias '''[[Alga|argazo]]''' ou valume para estercar as leiras (hoxe son comúns os extractos de argazo en fertilizantes líquidos). As queimas controladas tamén eran un xeito de fertilizar o solo co emprego do lume.
 
O comezo da ciencia moderna da '''nutrición vexetal''' data do século XIX e do traballo de [[Justus von Liebig]], entre outros.