Lactato deshidroxenase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 133:
 
==Uso médico==
A LDH é unha proteína que normalmente aparece en todo o corpo en pequenas cantidades. Moitos cancros poden aumentar os niveis de LDH, polo que a LDH pode utilizarse como un [[marcador de tumor]]es, pero ao mesmo tempo, non é útil para identificar o tipo de [[cancro]]. A medida dos niveis de LDH pode ser útil para monitorizar o tratamento dun cancro. Condicións non cancerosas que tamén elevan os niveis de LDH son a insuficiencia cardíaca, hipotiroidismo, anemia, e enfermidades pulmonares ou hepáticas.<ref name="url_Cancer_Diagnosis_Stanford_Cancer_Center">{{cite web | url = http://cancer.stanford.edu/information/cancerDiagnosis | title = Cancer Diagnosis - Understanding Cancer | author = Stanford Cancer Center | work = Understanding Cancer | publisher = Stanford Medicine }}</ref>
 
A descomposición dos tecidos libera LDH, e, por tanto, pode medirse a LDH para coñecer o grao de descomposición do tecido, por exemplo [[hemólise]]. Outros trastornos indicados por niveis elevados de LDH son cancro, meninxite, encefalite, pancreatite aguda, e infección por [[VIH]]. A LDH mídese polo test da lactato deshidroxenase (LDH). A comparación dos valores de LDH medidos cos normais axuda á diagnose.<ref name="url_Lactate_dehydrogenase_test">{{cite web | url = http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/ency/article/003471.htm | title = Lactate dehydrogenase test: MedlinePlus Medical Encyclopedia | author = | work = MedlinePlus | publisher = U.S. National Library of Medicine }}</ref>