Diferenzas entre revisións de «Lactato deshidroxenase»

 
===Hipoglicemia inducida por etanol===
O [[etanol]] pode afectar indirectamente á actividade deste encima. O etanol é deshidroxenado a [[acetaldehido]] pola [[alcohol deshidroxenase]], e despois este é transformado en [[acetato]] pola [[acetaldehido deshidroxenase]]. Durante esta reacción prodúcense 2 NADH. Se están presentes grandes cantidades de etanol, prodúcense grandes cantidades de NADH, o que orixina unha depleción do NAD<sup>+</sup> celular. Deste xeito, a conversión de piruvato en lactato increméntase debido á rexeneración asociada do NAD<sup>+</sup> que se produce. Por tanto, pode ocorrer unha acidose láctica metabólica no envelenamento por etanol.
 
O incremento da proporción NADH/NAD<sup>+</sup> tamén pode causar hipoglicemia nun individuo en [[xexún]] que estivo bebendo e é dependente da [[gliconeoxénese]] para manter os niveis de [[glicosa]] sanguínea. A [[alanina]] e o [[lactato]] son importantes precursores gliconeoxénicos que entran na gliconeoxénese en forma de piruvato. A proporción alta NADH/NAD<sup>+</sup> cambia o equilibrio da lactato deshidroxenase cara ao lactato, para que se forma menos piruvato e, por tanto, se diminúa a gliconeoxénese.
190.046

edicións