Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ cat e imaxe
Xas (conversa | contribucións)
m datiños e cat
Liña 1:
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|dereita|250px|Estatua en Pontevedra.]]
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|dereita|miniatura|200px|Sepulcro no [[cemiterio de San Amaro de Pontevedra]].]]
 
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.
 
==Biografía==
Logo de realizarRealizou os estudos de dereito na [[USC|Universidade de Santiago de Compostela]],. Deuse a coñecer no periódico ''[[El Eco de Tambo]]'' e desenvolveu unha notable carreira política: militando no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi deputado por [[Pontevedra]] desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros.
 
En [[1897]] dirixiu en Madrid o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional''. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en ''[[La Revista Popular]]'' (1904).
 
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de [[Eugenio Montero Ríos]], de quen foi aliado político.
 
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en [[1907]] unha proposición de lei sobre [[Foro (contrato)|foros e subforos]].
 
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en [[1916]], nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional'' a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da [[Junta de Ampliaciación de Estudios]].
 
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.
Liña 29 ⟶ 30:
*[http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=77 Eduardo Vincenti no Álbum da ciencia]
 
{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}}
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Alcaldes de Madrid]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes Españolas]]
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Nados en 1857]]