Diferenzas entre revisións de «Proteína de transporte de membrana mitocondrial»

sen resumo de edición
As '''proteínas de transporte de membrana mitocondriais''' son [[proteína]]s que se encontran nas membranas das [[mitocondria]]s e que serven para transportar<ref>{{MeshName|Mitochondrial+Membrane+Transport+Proteins}}</ref> [[molécula]]s e outros factores como [[ión]]s dento ou fóra do [[orgánulo]]. Algunhas das proteínas transportadoras transportan pequenos ións, como o Na<sup>+</sup> ou o Ca<sup>2+</sup>, outras transportan pequenas moléculas como os ácidos orgánicos do ciclo de Krebs ou os nucleótidos ADP e ATP, e tamén hai transportadores que transportan moléculas máis grandes, como [[ácido graxo|ácidos graxos]] ou [[proteína]]s.
 
==Exemplos de transportadores de pequenos ións==
Exemplos de [[proteína de transporte|proteínas de transporte]] mitocondrial son as seguintes:
*Poros de transición de permeabilidade mitocondrial, os cales se abren en resposta para aumentar a carga de ión [[calcio]] (Ca<sup>2+</sup>) mitocondrial e [[estrés oxidativo]]<ref name="Crompton">Crompton M. 1999. [http://www.biochemj.org/bj/341/0233/bj3410233.htm The mitochondrial permeability transition pore and its role in cell death]. ''Biochemical Journal''. Volume 341, Pages 233-249. PMID 10393078. Retrieved on January 23, 2007.</ref>
*O [[uniportador de calcio mitocondrial]], que transporta calcio do [[citosol]] á [[matriz mitocondrial]]<ref name="Crompton"/><ref name="Nicholls">Nicholls DG. 2005. Mitochondria and calcium signaling. ''Cell Calcium'', Volume 38, Issues 3-4, Pages 311-317. PMID 16087232. Retrieved on January 23, 2007.</ref>
*O [[intercambiador de calcio/sodio mitocondrial]], que transporta ións Ca<sup>2+</sup> fóra da matriz intercambiándoos con ións [[sodio|Na<sup>+</sup>]]. Estas proteínas de transporte serven para manter un axeitado [[gradiente electroquímico]] nas mitocondrias para manter os ións e outros factores dentro dun correcto equilibrio dentro e fóra da mitocondria.
 
==Exemplos de transportadores de pequenas moléculas==
Os [[transportador mitocondrial|transportadores mitocondriais]] ou ''carriers'' que transportan pequenas moléculas máis numerosos son os transportadores de ADP/ATP e fosfato. Outros transportan citrato, oxoglutarato, glutamato e outras moléculas dese tamaño.
 
==Transportadores de proteínas==
A maioría das proteínas mitocondriais proceden do citosol. As proteínas do citosol que entran nas mitocondrias fano utilizando o sistema de transporte do [[complexo TIM/TOM]]. Os complexos transportadores TIM22, TIM23 da membrana mitocondrial interna e o TOM da membrana mitocondrial externa teñen receptores para a proteína, un poro para translocalas e poden pasalas á matriz ou inserilas na membrana. De feito, os outros transportadores mitocondriais chegan ás mitocondrias utilizando os TIM e TOM.
 
==Notas==
191.012

edicións