Roca, Guitiriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m wikifico
Liña 2:
* ó norte ou Roca da Riba - Altamira, Penaescada ou Penas, Quintán, Santa Ana e Lamas
* ó sur ou Roca da Baixo - Portodola, Fontecurral, Alto e A Ponte
 
'''Situación==Situaión e orografía'''.==
Atópase situada entre os paralelos 43º 10` 20” e 43º 12`30” latitude Norte, 7º 46` 40” e 7º 49`34”longitude Oeste. Tamén no mapa Topográfico Nacional nº 47-III (13-10) de escala 1:25000. É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600m, aproximadamente. As elevacións maís importantes atópanse no Leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman conxunto de esa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
A partir deste serrón, todas as augas verten hacia o Sur e Oeste, formando pequenos regatos,, entre os que podemos citar o da Perdíz, Fontemalle, Castellanos ou Picharegas, Quintán ou Zancas e Pedracoba ou Ramallal, que case serve como linde natural con Santa Cruz.
 
'''==Flora e fauna.'''==
A zona situada o Leste coas elevacións nomeadas no anterior apartado, está plantada a pinos, de forma ordenada, explotada en plan comunitario. Nas vertientes que saen destes outeiros, abundan as árbores autóctonas, como os carballos, vidueiros, ameneiros, salgeiros e castiñeiros. Nos terreos ermos predominan os toxos, pudias, xestas, carpazas, carqueixas, fieitos e silvas. En canto a fauna silvestre é frecoente ver xabarín, corzo, zorro e coello. Polo que se refire as aves, abunda o corvo, pega, rula, pombo, gorrión, paporroibo, lavandeira, gaio, xílgaro, merlo, peto, cuco e bubela, por citar algúns. En canto a riqueza piscícola, mermou bastante dende a implantación dunha
industria o caron do río Requeixo, así como as posibles escorrentías de grandes explotacións gandeiras situadas noutras parroquias no seu curso alto.
 
'''==Habitantes e a súa economía'''==
A poboación fixa ronda os 70 habitantes, distribuidos nunhas 24 casas habitadas, dun total de 40 que forman o total da parroquia. Como a maioría da Galicia interior a súa economía basábase en pequenas explotacións agrícolas e gandeiras, pero co envellecemento, a despoboación e o minifundismo non rendable, apenas se quedan a metade das casas con gandería. A pouca xente nova que queda, adicase a outras profesións ou oficios, que pouco ou nada teñen que ver coas ocupacións dos seus antepasados.
Ten boas comunicacións, xa que a atravesan polo Sur a estrada N-VI e a autoestrada A-6 con saída a 2 Km na veciña parroquia de Transparga, ou a 4 Km en Bahamonde. Estas facilidades posibilitan que sexa posible vivir aquí e traballar en cidades e poboacións cercanas. O ferrocarril pasa tamén polo extremo Sur.
 
'''==Que ver, en que pasar o tempo'''==
O abandono do campo fai que sexa un lugar tranquilo, sen ruídos de maquinaria, ideal para segunda residencia, pasear a pé ou a cabalo, un paraiso para a bici de montaña por os seus abundantes sendeiros, corredoiras, e fondas congostras sen apenas tránsito. Abondan as fragas no curso dos regatos anteriormente nomeados.
As ladeiras dos ríos Requeixo e Parga gardan fermosos lugares, así como algún que outro muiño e caneiro xa abandonados.