Johann Pachelbel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ cats
Liña 6:
Johann Pachelbel recibiu de neno as súas primeiras leccións musicais, por parte de [[Heinrich Schwemmer]] e [[Georg Kaspar Wecker]], que lle aprenderon composición e interpretación. Tras terminar os estudos na Academia de San Lourenzo, en 1669 ingresou na [[Universidade de Altdorf]], compaxinando as clases coas súas actividades como organista na [[Lorenzkirche]]; porén, a precariedade económica da familia impediu ó mozo músico seguir estudiando na universidade, na que apenas permaneceu un ano. Na primavera de 1670 empezou a frecuentar a escola poética de [[Ratisbona]] e a asistir ás clases particulares de [[Kaspar Prentz]], que o introduciu no coñecemento dos grandes compositores italianos da época.
 
Influído por Prentz, en 1673 transladouse a [[Viena]] para asumir o cargo de organista suplente na catedral de SanSanto Estevo. Catro anos despois foi nomeado organista da corte de [[Eisenach]], ó servizo do príncipe [[Johann Georg]], duque de [[Saxe-Eisenach]]. En xuño de 1678 foi contratado pola igrexa protestante de [[Erfurt]]; alí casou con [[Barbara Gabler]] en 1681, pero ó cabo de dous anos quedou viúvo, ó morrer a súa esposa e o seu fillo nunha epidemia. En 1684 casou en segundas nupcias con [[Judith Drommer]], coa que tivo sete fillos, sendo dous deles, [[Wilhelm Hieronymus Pachelbel|Wilhelm Hieronymus]] e [[Carl Theodorus Pachelbel|Carl Theodorus]], tamén músicos.
 
En 1690 foi chamado á [[corte de Württemberg]] en [[Stuttgart]], para ocupar o cargo de músico e organista. Obrigado a fuxir dela en 1692 debido a unha invasión francesa, instalouse en Nuremberg, e poucos meses máis tarde regresou á súa rexión natal, [[Turingia]], onde foi nomeado organista da cidade de [[Gotha]]. En 1695, tralo falecemento do seu antigo mestre Wecker, organista de San Sebaldo en Nuremberg, foille concedido dito posto, no que se mantivo ata a súa morte.