Cofactor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q407280
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
:::Holoencima = Apoencima (proteína) + Cofactor (non proteico)
 
Algúns encimas ou complexos encimáticos requiren máis dun cofactor. Por exemplo, o complexo multiencimático [[complexo da piruvato deshidroxenase|piruvato deshidroxenase]]<ref>{{cita libro |autor=Jordan, Frank; Patel, Mulchand S. |título=Thiamine: catalytic mechanisms in normal and disease states |editor=Marcel Dekker - New York, N.Y |ano=2004 |páxinas=588 |isbn=0-8247-4062-9 }}</ref> require cinco cofactores inorgánicos e un ión metálico, que son: o [[pirofosfato de tiamina]] (TPP) unido feblemente, a [[lipoamida]] unida covalentemente, e o [[flavín adenín dinucleótido]] (FAD) unido covalentemente, e os cosubstratos [[nicotín adenín dinucleótido]] (NAD<sup>+</sup>) e [[coencima A]] (CoA), e un ión metálico (Mg<sup>2+</sup>).
 
Moitos cofactores orgánicos son [[vitamina]]s ou derivados delas. Moitos conteñen o [[nucleótido]] [[AMP]] como parte da súa estrutura, o que pode indicar unha orixe evolutiva común como parte de [[ribocima]]s nun primitivo "[[mundo de ARN]]", tal como propoñen algunhas teorías sobre a [[orixe da vida]]. Suxeriuse que a parte formada polo AMP funcionaría como unha especie de "asa" coa que o encima "agarraría" ao coencima para movelo entre diferentes centros catalíticos.<ref name=Denessiouk/>