Vladimir Maiakovski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q132964
Sernostri (conversa | contribucións)
pequeno engadido.
Liña 5:
Fillo dun inspector forestal, naceu e pasou a infancia na aldea de Bagdadi, nos arredores de [[Kutaíssi]]. Logo da morte do seu pai, en 1906 trasladouse a Moscova onde estudou pintura. Entrou na Escola de Belas Artes, onde se encontrou con David Burliuk, que foi o grande incentivador de súa iniciación poética. Os dous amigos formaron parte do grupo fundador do chamado cubo-futurismo ruso, ao lado de Khlébnikov, Kamiênski e outros. Foron expulsados da Escola de Belas Artes. Procurando difundir as súas concepcións artísticas, realizaron viaxes por Rusia.
 
A súa actividade política iníciase durante o tsarismo; afiliouse ao Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, o que lle ocasionará unha serie de persecucións e o cárcere. Detido en dúas ocasións, soltárono por falta de probas, pero en 1909-1910 pasou once meses en prisión. Alí emprenderá a súa obra poética e dous dos seus poemas apareceron en 1912 no libro-manifesto fundacional do futurismo ruso<ref>Ohana, David (2010) ''The Futurist Syndrome'' Sussex Academic Press, páx. 109</ref>.
 
Ao consumarse a vitoria da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]], apoiou a política cultural da administración bolxevique. Empregou unha gran diversidade de procedementos para cativar as multitudes, abarcando desde a aplicación dunha linguaxe coloquial, ocasionalmente prosaica, ata os máis refinados estilos épicos.
Liña 26:
Na súa obra teatral ''A chinche'' ([[1929]]), ridiculizou a falsidade da [[burguesía]] da súa época, porén o seu ''Falando a berros'' ([[1930]]), a grande obra épica que deixou sen concluír cualifícase como o seu legado idealista.
[[Ficheiro:Mayakovsky galosha1.jpg|miniatura|200px|Cartel de Maiakoski.]]
== Notas ==
 
<references/>
==Véxase tamén==
{{Commons|Category:Vladimir Mayakovsky}}