Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Austria»

sen resumo de edición
Entre {{F1|1970}} e {{F1|1987}}, a carreira disputouse no [[Österreichring]], tamén preto de [[Zeltweg]], unha das pistas máis rápidas do campionato xunto con [[Autodromo Nazionale Monza|Monza]] e [[Hockenheimring]]. Estas carreiras tiveron un éxito moderado, pero en {{F1|1987}}, esta pista tamén foi cualificada como demasiado perigosa pola FIA, debido á cantidade de curvas de alta velocidade, a falta de protección das árbores, os muros de contención e os accidentes no comezo de moitas carreiras na estreita recta de boxes. A carreira desapareceu durante unha década, ata {{F1|1997}}.
 
En {{F1|1995}} e {{F1|1996}}, a pista foi reconstruída e actualizada, o que permitiu organizar novamente o Gran Premio de Austria entre {{F1|1997}} e {{F1|2003}}. A maior parte da pista remodelada, que recibiu o nome de [[A1-Ring]] polo patrocinador, esta situada no territorio municipal de [[Spielberg, Stiria|Spielberg]].
 
Durante o [[Gran Premio de Austria de 2002]] ocorreu un feito moi negativo para o deporte, cando o equipo Ferrari ordenou a [[Rubens Barrichello]] que cedese a súa vitoria ao seu compañeiro de escuadra [[Michael Schumacher]]. Isto conduciu á prohibición de ordes de equipo que determinen de forma artificial o resultado dunha carreira.
Usuario anónimo