Lingua romanche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q13199
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
A '''lingua retorrománica''' ou '''lingua romanche''' (tamén chamada ''rética, retorromance, romanche ou retorromanche'') é unha lingua romance falada no Cantón [[Suíza|suízo]] de [[Grisóns]]. Está emparentada con outras linguas que se falan en Italia, Suíza e Francia. Os cinco dialectos retorrománicos máis falados son Sursilvan, Sutsilvan, Surmiran, Puter e Vallader. Puter e Vallader, en ocasións, considéranse unha soa lingua: Ladín. O ladín, pola súa parte, as veces asóciase coa lingua das montañas dolomitas italianas tamén coñecida como ladín.
 
É falada por arredor dunhas 35.000 persoas como lingua materna e por outras 40.000 como segunda lingua. A maioría dos falantes tamén utilizan o [[lingua alemá|alemán]]. É unha lingua considerada en risco de extinción, falada por menos do 1% dos 7,4 millóns de habitantes da Suíza. É a lingua oficial menos falada do país e sofre as consecuencias da concorrencia co alemán, falado maioritariamente pola poboación en xeral.
 
== Historia ==
O primeiro rexistro escrito da lingua romanche data de 1552, na forma dunha lición de catecismo chamada ''Christiauna fuorma'', rexistrada por Jacob Bifrun no dialecto Engadino. Unha tradución en romanche do [[Novo Testamento]] publicouse en 1560.
 
O romanche non foi considerado unha lingua oficial da Suíza ata 1938. O cantón de Grisóns, maior reduto do romanche, é o único considerado trilingüe da Suíza, pois aló fálanse tamén o alemán e o italiano. Os falantes do idioma son obrigados a aprender tamén o alemán, tanto oficial ([[lingua alemá|alemán]]) como o dialecto suízo alemán local ([[alemánico]]), para ter acceso aos mellores empregos e á maioría das institucións federais no país.
 
== Ortografía ==