Guerra de Afganistán (1978-1992): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 78:
{{Véxase tamén|Historia de Afganistán}}
 
A [[República Democrática de Afganistán]] formouse trala [[Revolución de Saur]], o [[27 de abril]] de [[1978]]. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axenda [[Socialismo|socialista]]. Mantivo importantes relacións diplomáticas coa [[Unión Soviética]]. O [[5 de decembro]] de [[1978]], asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O [[3 de xullo]] de [[1979]], o presidente estadounidense [[Jimmy Carter]] asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno pro-soviético de [[Kabul]].<ref>{{cite book|url=http://books.google.com/?id=N_hfPrIMYuEC&printsec=frontcover&dq=from+the+shadows+robert+gates#v=onepage&q=afghanistan&f=false |title=From the Shadows, Pg. 146 |publisher=Google Books |accessdate=28 de xullo de 2011|isbn=9781416543367|date=9 de xaneiro de 2007}}</ref>
 
A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansións [[Imperio ruso|tsaristas]] coñecidas como "[[O Gran Xogo|Gran Xogo]]", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou no [[século XIX]], con acontecementos como o [[Incidente de Panjdeh]], un enfrontamento militar que tivo lugar en [[1885]], cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur do [[Amu Darya|río Oxus]], ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos [[1955]] e [[1978]].<ref>Rubin, Barnett R. ''The Fragmentation of Afghanistan.'' New Haven: Yale University Press, 1995. p. 20.</ref>
Liña 88:
En marzo de 1979 asinouse un [[Tratado de paz exipcio-israelí|tratado de paz]], apoiado polos Estados Unidos, entre Israel e Exipto. A Unión Soviética considerou que Estados Unidos sacou proveito deste tratado. Así, un [[xornal]] soviético afirmaba que Exipto e Israel se converteran nos "xendarmes do [[Pentágono]]". Os soviéticos crían que o tratado non era só un acordo de paz entre os seus antigos aliados exipcios e Israel, senón tamén unha alianza militar.<ref>{{cite book| first= Minton| last= Goldman| year= 1984| title= Soviet Military Intervention in Afghanistan: Roots & Causes| edition=| id= }}</ref> Ademais, Estados Unidos vendeu máis de 5.000 [[mísil]]es a [[Arabia Saudí]] e abasteceu aos rebeldes leais á coroa, contrarios ao goberno [[Nasserismo|nasserista]], na [[Guerra Civil de Iemen do Norte]]. Tamén empeoraron nesa mesma época as relacións entre a Unión Soviética e [[Iraq]]. En xuño de 1978, Iraq comezou a establecer relacións cordais con países occidentais, chegando a mercar a Francia armamento de [[Italia|fabricación italiana]], aínda que a maioría o obtiña da Unión Soviética, os seus aliados do [[Pacto de Varsovia]] e China.
 
===A Revolución de Saur===
{{AP|Revolución de Saur}}
O Rei [[Mohamed Zahir de Afganistán|Mohamed Zahir]] ascendeu ó trono en [[1933]] e estivo reinando até [[1973]]. O primo de Zahir, [[Mohammad Daoud Khan]], exerceu como [[Primeiro Ministro]] dende [[1954]] até [[1963]]. O [[Partido Democrático Popular de Afganistán]] (PDPA), de ideoloxía [[Marxismo|marxista]], gañou forza nestes anos. En [[1967]], o PDPA dividiuse en dúas faccións, o [[Khalq]] (traducido por masas ou pobo), liderado por [[Nur Muhammad Taraki]] e [[Hafizullah Amin]] e o [[Parcham]] (traducido por estandarte), liderado por [[Babrak Karmal]].