Diferenzas entre revisións de «Anélidos»

m
sen resumo de edición
m
O corpo dos anélidos está composto por numerosos [[metámero]]s ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.
 
Describíronse máis de 16.700 [[especie]]s,<ref name=Brusca>Brusca & Brusca (2005)</ref> que inclúen os vermes mariños [[poliquetospoliqueto]]s, as [[miñoca|lombrigas de terra]] e as [[samesuga]]s. Encóntranse na maioría dos [[medio ambiente|ambientes]] húmidos, sobre todo no [[mar]], pero tamén en [[auga doce]], e incluso hai especies terrestres.
 
Cómpre aclarar que na linguaxe popular adoita reunirse a varios grupos de invertebrados baixo o nome de ''[[vermes]]'', termo sen ningún valor [[taxonomía|taxonómico]]; moitas das semellanzas entre estes filos de vermes son [[evolución biolóxica|converxencias evolutivas]] sen ningún valor [[filoxenia|filogenético]]. Non todos os vermes son anélidos. Existen diversos invertebrados co corpo brando, alongado e cilíndrico que non pertencen ao grupo dos anélidos. É o caso, por exemplo, dos [[nematodos]] ou dos [[platihelmintos]], e dalgúns [[artrópodos]], como os [[cempés]], as larvas (bechos) das [[mosca]]s ou as [[eiruga]]s que dan lugar ás [[bolboreta]]s.
Os anélidos son vermes segmentados, xeralmente de forma cilíndrica, e de tamaños que van desde 1 mm até máis de 3 m.
 
Neste grupo intégranse as [[miñoca]]s ([[oligoquetos]]), as [[samesuga]]s ([[hirudíneos]]'') e os vermes mariños (''[[poliquetospoliqueto]]s'') ademais doutros grupos menos coñecidos como [[branquiobdélidos]], [[acantobdélidos]] e [[aelosomátidos]].
 
A maioría das especies son de vida libre, mais hai especies [[comensalismo|comensais]] e mesmo [[parasito|parasitas]].
4.129

edicións