Diferenzas entre revisións de «Karkkila»

(creo a partir doutras wikis)
 
A paisaxe é accidentada, formada polas [[glaciación]]s. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de [[Uusimaa]].
 
Está situada a 66 km da capital finlandesa, [[Helsinki]], á cal está unida pola [[valtatie 2]] (nacionanacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata [[Pori]] (situada a 178 km) pasando por [[Forssa]] (a 48 km).
 
Limita cos concellos de [[Vihti]] ao sur e ao leste, [[Nummi-Pusula]] ao suroeste, con [[Tammela]] (na rexión de [[Tavastia Propia]]) ao noroeste, e con [[Loppi]] ao norte.
31.403

edicións