Diferenzas entre revisións de «Anélidos»

m
Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro [[fósil]] é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no [[precámbrico]] (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do [[cámbrico]].
 
Actualmente considérase que existen dúas grandes liñas evolutivas no filo dos anélidos: ''[Polychaeta]] '' ([[poliquetos]]) e ''[[Clitellata]]'' ([[clitelados]]). A [[Clase (bioloxía)|clase]] dos clitelados inclúe os [[oligoquetos]], [[hirudíneos]], [[branquiobdélidos]] e [[acantobdélidos]].
A liña evolutiva dos poliquetos está marcada polo carácter de organismos dioicos, con moitos pares de gónadas simples, fecundación externa e desenvolvemento indirecto, mentres que a liña evolutiva dos clitelados abranguen anélidos monoicos (hermafroditas), cun número de gónadas restrinxido, con presenza de clitelo e con desenvolvemento directo. Dentro desta liña a condición octogonadal é considerada como primaria: dous pares de testículos e dous pares de ovarios en segmentos (4) consecutivos.
4.129

edicións