ABC (xornal): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 16 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q287076
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
Edítase en [[lingua castelá]] salvo certos artigos e noticias de carácter autonómico escritos na determinada lingua da comunidade autónoma e, a diferenza doutros xornais españois, a impresión fai de modo que cada exemplar vai grampado e con formato folio.
 
 
=== Ata a guerra civil ===
Foi fundado en [[Madrid]] o [[1 de xaneiro]] de [[1903]] por [[Torcuato Luca de Tena e Álvarez Ossorio|Torcuato Luca de Tena e Álvarez-Ossorio]]. Nas súas orixes foi un [[semanario]], aínda que se converteu nun bisemanario o 16 de xuño do mesmo ano e comezou a distribuírse diariamente a partir do 1 de xuño de 1905.
 
O [[12 de outubro]] de [[1929]] naceu o 'ABC de [[Sevilla]]'', ao que o 'ABC de Madrid '' ' achegou a súa doutrina, textos e mesmo as páxinas de [[ocogravado]].
 
 
=== A guerra civil ===
[[Archivo:Lea-usted-ABC-1909-04-14-Actualidades-advertisements.jpg|thumb|250px|Publicidade do ABC de [[14 de abril]] de [[1909]].]]
 
Pasados seis anos, a [[Guerra Civil Española]] fixo que cada edición quedase nun bando distinto da guerra, 'ABC' de Madrid no bando republicano e 'ABC' de Sevilla no bando sublevado.
 
Na mañá do 20 de xullo de 1936 e ante a confusión que reinaba en Madrid, onde corrían insistentes rumores de que o Goberno ía incautarse do xornal, o seu director [[Luis de Galinsoga]] logrou entrar en contacto telefónico co [[Ministerio da Gobernación de España|Ministerio de Gobernación]] para confirmar as súas intencións. O seu interlocutor, o subsecretario de Gobernación, respondeulle que o xornal debía considerarse suspendido ata nova orde e aconsellou ao seu persoal de redacción abandonar a súa sede canto antes dado que o Goberno non respondía das súas vidas. Cando a principio da tarde e en seguimento desa recomendación, o persoal da redacción se dispoñía a desaloxar o edificio, este foi ocupado por un comité sindical.
 
Poucos días despois, o ata entón subdirector do xornal (e presidente da [[Asociación da Prensa de Madrid]]), [[Alfonso Rodríguez Santamaría]], foi detido por algunha das bandas que pululaban por Madrid e fusilado a principios de agosto de 1936. Outros redactores conseguiron salvar a vida, xa fose acolléndose ao refuxio nalgunha embaixada (como o fixo o xornalista e escritor [[Xacinto Miquelarena]]), ou escondéndose.
 
O xornal pasou a ser xestionado por [[Unión Republicana]]. En 1938 a súa distribución apenas alcanzaba os 10 000 exemplares diarios e a comezos de 1939 o xornal consistía nun caderno de catro páxinas.
 
Ao termo da guerra civil, o 'ABC' foi restituído aos seus propietarios orixinais e volveu ser o xornal máis vendido en España.
 
 
 
==Véxase tamén==